Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 25 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 75/2003 por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 1 de setembro de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador nº 75/2003 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Rocío González Juncal.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Rocío González Juncal o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento desta.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que lle asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle-lo seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 25 de setembro de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 75/2003.

Denunciada: Rocío González Juncal.

DNI/NIF: 47352325-V.

Último enderezo coñecido: Ponte Chamín, 1. Arteixo.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: art. 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos. 2.1º.1 y 2.2º do Real decreto 1945/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; cap. I(1.2); cap.VI (1,2,3) e cap. IX (3,4) do Real decreto 2207/1995 polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios e arts. 3 (3), 6 (2,3,7,8) e 7 (1,3) do Real decreto 3484/2000 polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 30,05 euros. Trinta euros con cinco céntimos.