Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 25 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 131/2003 por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de setembro de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade dictou acordo de inicio do expediente sancionador nº 131/2003 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña, á Panadería Artesana Coruñesa, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase á Panadería Artesana Coruñesa, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, lembrándolle-lo seu dereito de

consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, de se-lo caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbeselle tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 25 de setembro de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 131/2003.

Denunciado: Panadería Artesana Coruñesa, S.L.

DNI/NIF: B15522501.

Último enderezo coñecido: Historiador Vedía. A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación vixente en materia sanitaria.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: art. 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; arts. 2.1º.1 e 2.2º do Real decreto 1945/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; art. 3, cap. I, cap. II, cap. X do Real decreto 2207/1995, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios; título II do Real decreto 1137/1984 polo que se aproba a regulamentación para a fabricación, circulación e comercio de pan e pans especiais; Real decreto 202/2000 polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 601,01 euros. Seiscentos un euros con un céntimo.