Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 17 de outubro de 2003 Páx. 12.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 6 de outubro de 2003 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente administrativo sancionador coa clave 49/2003, devolta polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE nº 112, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a proposta de resolución do expediente administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción da Lei 27/1992,

do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co artigo 17 do regulamento de servicio e policía dos portos aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poida examina-lo expediente nos servicios centrais do ente público Portos de Galicia, sito na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presenta-los documentos e as informacións que estime pertinentes ante o instructor do procedemento, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

O órgano competente para a resolución do expediente por razón da tipificación e contía da sanción, de acordo co artigo 39.1º a) do Regulamento do ente público Portos de Galicia (Decreto 227/1995, do 20 de xullo-DOG nº 228, do 28 de novembro), é a directora do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0394-87-3040004217 do Banco Santander-Central Hispano, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Jesús Javier Fernández Barro

Instructor

Xefe U. III Área Explotación e Planificación

ANEXO

Expediente: sanc. 49/2003.

Matrícula: PO-3109-AD.

Denunciante: celador do porto.

Denunciada: Mª Jesús Piñeiro García.

Último enderezo coñecido: Nerga, 162, O Hío, 36948 Cangas (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 114.1º a), Lei 27/1992, artigo 17 O.M. 15-6-1976.

Precepto sancionador: artigo 120.1º, Lei 27/1992.

Sanción proposta: 90,15 euros.