Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.907

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (345/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 345/2002, por instancia de Juan José Domato Saavedra e outros, contra Germán Urones, S.A., sobre cantidade, nos que se dictou sentencia no 24-1-2003. Esta sentencia, copiada nos particulares necesarios, di:

«Que estimando a demanda promovida por Juan José Domato Saavedra, Emerio Miranda López e José Luis Cambre Álvarez contra Germán Urones, S.A., debo condenar e condeno a demandada a que aboe ós demandantes, por tódolos conceptos reclamados na demanda, as cantidades seguintes: a Juan José Domato Saavedra: 12.800,28 euros; a Emerio Miranda López 14.231,16 euros, e a José Luis Cambre Álvarez 10.753,20 euros.

Contra esta sentencia poderase recorrer en suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación; o propósito de presentalo anunciarase mediante com

parecencia ou por escrito, sendo indispensable que no momento de anuncialo, o recorrente, se for empresario, exhiba ante este xulgado do social o comprobante de ter depositado na conta deste xulgado aberta no Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co nº 5.065 0000 60 0345, a cantidade obxecto da condena, a consignación en metálico pode ser substituída polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito no se poderá ter por anunciado o recurso e ficará firme a sentencia. Ademais, débese consignar na mesma conta 5.605 0000 65 0345 a cantidade de 150,25 A, entregando o comprobante na secretaría cando se interpuxer o recurso. Declararase a desistencia se non se constituír o depósito na forma indicada.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Germán Urones, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña o 17 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado