Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución do expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (María Ángeles Iglesias Cerqueira).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación

deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivoObrigado ó pagamentoImporteZona de

recadación

Didácticas Galicia, C.B.

CIF E-36744381

María Ángeles Iglesias Cerqueira

NIF 34565880-P

19,89 AVigo