Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.874

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de outubro de 2003 pola que se autoriza a integración nun só centro das escolas de educación infantil de Froxel e Vilarrodís do concello de Arteixo (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 31 do Estatuto de Autonomía da Comunidade Autónoma de Galicia e que o artigo 1 do Decreto 213, do 10 de xullo, establece que lle corresponde á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a competencia en materia de educación.

Co obxectivo de mellora-la oferta educativa no concello de Arteixo, construíronse unhas novas instalacións educativas nas que se integran as escolas de educación infantil de Froxel e de Vilarrodís, que contan con dúas e unha unidade respectivamente.

Polo anteriormente exposto, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la integración nun só centro das escolas de educación infantil de Froxel e de Vilarrodís do concello de Arteixo, segundo os datos que figuran no anexo.

Segundo.-Como consecuencia da devandita integración, as escolas de educación infantil de Froxel (código 15020741) e de Vilarrodís (código 15024574) desaparecen como tales da actual rede de centros.

Terceiro.-Recoñécenselle ó profesorado afectado os dereitos establecidos na Orde do 23 de xullo de 1991 (DOG do 19 de agosto).

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Arteixo.

Localidade: Oseiro.

Denominación: EEI. de Vilarrodís-Oseiro.

Código: 15032376.

Unidades: 3 unidades de educación infantil.