Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 16 de outubro de 2003 Páx. 12.875

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de outubro de 2003 pola que se modifica o artigo 2 da Orde do 11 de xullo de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 17 de xullo), ampliando o importe existente para a concesión de bolsas de nova adxudicación para a realización de estudios de terceiro ciclo nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

A Orde do 11 de xullo de 2003, pola que se convocan bolsas de nova adxudicación para a realización de estudios de terceiro ciclo nas universidades do Sistema Universitario de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 17 de xullo), establece no seu artigo 2 a contía que se destinará para a concesión das bolsas.

Nembargantes, a citada convocatoria prevé que a contía se poderá incrementar de acordo coa dispoñibilidade de crédito da Dirección Xeral de Universidades e coas cantidades que, con cargo ó Fondo Social Europeo, se compromete a achega-la Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, en función do acordo asinado o 24 de xuño de 2003 entre o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio.

Por todo o exposto e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a contía que figura no artigo 2 da Orde do 11 de xullo de 2003 na cantidade de cento trinta e un mil douscentos sesenta e un euros con catro céntimos (131.261,04 euros), con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia que se destinará para as bolsas de nova adxudicación para a realización de estudios de terceiro ciclo nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, de acordo coa seguinte distribución: 32.815,26 euros no ano 2003 e 98.445,78 euros no ano 2004.

Segundo.-Esta modificación non afecta os prazos establecidos na referida orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria