Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de instalación de luz pública no tramo do periférico comprendido entre a rotonda de Meixonfrío e a de Amio.

Tipo de licitación: 117.357,40 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de catro meses contados a partir do día seguinte ó da acta de comprobación do replaneamento.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono: 981 59 33 85.

Clasificación: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3. do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: 2.347,15 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na casa do concello (Secretaría) ás 12.00 horas, o segundo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde