Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a xestión do servicio da casa de acollida para mulleres maltratadas do Concello de Santiago de Compostela.

Prezo do contrato: establécese un tipo de licitación de 190.395 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: a duración do contrato é dun ano, contado a partir da data da súa formalización, aínda que poderá ser obxecto de prórroga por mutuo acordo das partes ata un máximo total de catro anos.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, sito na rúa da Trindade nº 1, CP 15705 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Garantías: provisional: 3.807,90 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (Secretaría) ás 12.00 horas, o segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde