Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización de rúa de nova apertura entre a avenida Juan Bautista Andrade e rúa Santiña, formulado por Pirsa O Grove, S.A.

A Comisión de Goberno, en sesión do 29 de setembro de 2003, aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura prevista entre a avenida Juan Bautista Andrade e a rúa Santiña, formulado por Pirsa O Grove, S.A., CIF A36056570, e redactado polo arquitecto Miguel Monteagudo Pazo, visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) con data do 23-5-2003, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos nº 2 desta cidade) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 6 de outubro de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral