Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato administrativo especial.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba.

2. Obxecto do contrato: explotación da piscina municipal.

3. Orzamento: incluído o IVE. 135.000 euros anuais.

4. Duración do contrato: 2 anos computados a partir da data de sinatura do contrato.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación (2.700 euros).

6. Información: secretaría do Concello de Vilalba.

7. Documentación necesaria: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación de ofertas: trece (13 días naturais) desde a última publicación no BOP ou no DOG.

10. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello ou por correo.

11. Gastos dos anuncios: a cargo do adxudicatario.

12. Texto íntegro do presente anuncio: publícase no BOP.

Vilalba, 8 de outubro de 2003.

Agustín Baamonde Díaz

Alcalde