Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de setembro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Dolores Crespo Trillo o inicio do expediente sancionador acordado no expediente administrativo (expediente ES-P-010/2003).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, número 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de diez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 15 de setembro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-91/040 (expediente sancionador ES-P-010/2003).

Conta: 57.

Nome: Dolores Crespo Trillo.

Enderezo: r/ Portela, número 46, 4º C, Vigo.

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por non ocuapción da VOP idendificada como expediente PO-91/040, conta 57, contra Dolores Crespo Trillo.

Recursos: contra este acordo, que non é susceptible de recurso, a interesada dispón dun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da notificación deste acordo, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, para propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse.