De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, número 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de diez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 15 de setembro de 2003.
Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-83/010 (expediente desafiuzamento DT-006/2003).
Conta: 58.
Nome: Antonio Abalo Abalo.
Enderezo: r/ Celso Emilio Ferreiro, número 7, escaleira 1º, 3º C en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.
Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título da VPO indentificada como expediente PO-83/010, conta 58, contra Antonio Abalo Abalo.
Recursos: contra este acordo, que non é susceptible de recurso, a interesada dispón dun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da notificación deste acordo, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, para propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse.