Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-52/2003, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 23 de setembro de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-52/2003.

Denunciado: José Antonio López Pardo.

DNI: 33816497-B.

Enderezo: r/ Acea de Olga, nº 9. Lugo.

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente ó portar no interior da cesta unha troita de tamaño inferior ó regulamentario (1-15, 8 cm). Feitos constatados o día 12-4-2003 ás 11.05 horas no río Miño, couto de Ombreiro, Lugo.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: leve.

Sanción: 60,10 euros.

Indemnización por danos e perdas de 6,01 euros.