Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 0007803/2003 interposto por María de las Mercedes Caramés Vázquez e Francisco Pedro Alonso Fraga.

Recibida da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 0007803/2003, interposto por María de las Mercedes Caramés Vázquez e Francisco Pedro Alonso Fraga, contra o Decreto 197/2003, do 20 de marzo (DOG nº 65, do 2 de abril), polo que se declara a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de ampliación e mellora do trazado na estrada provincial 3203, do punto quilométrico 6,375 ó 12,750, de Burricios a Penamartín (concellos de Curtis e Oza dos Ríos).

Esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, remitirlle o correspondente expediente administrativo á dita sala, o que se lles notifica a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan constituírse en parte nos autos da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local