Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector elaboración de pastelería, confeitería e repostería da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector elaboración de pastelería, confeitería e repostería da provincia de Lugo (código 2700215), asinado o día 29 de xullo de 2003, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería e Pastelería de Lugo e das centrais sindicais UGT (66,66%), CC.OO. (33,33%) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegacion provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitirlle o texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 21 de agosto de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Texto articulado do convenio colectivo

provincial para a elaboración de pastelería,

confeitería e repostería de Lugo

Acta

Asistentes:

* Parte empresarial:

-Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería e Repostería de Lugo.

Antonio José López Lorenzo.

Marcelino González González.

José Ramón Rodríguez Vázquez.

Manuel Martínez Expósito.

Miguel Ángel Martín López.

Marta Santos Penalonga.

Inés Nogueira López.

* Polas centrais sindicais:

-UGT (66,66%)

Fernando Teijeiro Valledor.

Ignacio Méndez Gallego.

-CC.OO. (33,33%)

Jaime Hernández Pena.

Anselmo Sampedro Ania.

En Lugo ás 17.00 horas do día 29 de xullo de 2003, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (pza. de Santo Domingo; nº 6-8, 2º) as persoas arriba relacionadas, todas elas integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo provincial para a elaboración de pastelería, confeitería e repostería de Lugo, adoptándose, logo de amplos debates, os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-lo texto e as táboas anexas do convenio colectivo provincial para a elaboración de pastelería, confeitería e repostería de Lugo, para o que as partes contan coa capacidade legal suficiente, segundo se acredita coa acta de constitución da comisión negociadora.

Segundo.-Remitirlle o texto e as táboas salariais do convenio colectivo así como a presente acta á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan esta acta as persoas anteriormente relacionadas no lugar e data indicados no encabezamento.

Asdo.: Antonio José López Lorenzo.

Asdo.: Marcelino González González.

Asdo.: José Ramón Rodríguez Vázquez.

Asdo.: Manuel Martínez Expósito.

Asdo.: Miguel Ángel Martín López.

Asdo.: Marta Santos Penalonga.

Asdo.: Inés Nogueira López.

Asdo.: Fernando Teijeiro Valledor.

Asdo.: Ignacio Méndez Gallego.

Asdo.: Jaime Hernández Pena.

Asdo.: Anselmo Sampedro Ania.

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo afectará e vinculará a tódalas empresas e traballadores da cidade e provincia de Lugo, comprendidos no ámbito funcional da ordenanza laboral para as industrias de alimentación,

aprobado por O.M. do 8 de xullo de 1975, que se dediquen á actividade de pastelería, confeitería e repostería.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación a toda a provincia de Lugo e cidade.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio tódalas empresas e traballadores comprendidos no ámbito funcional da ordenanza laboral para as industrias de alimentación, do 8 de xullo de 1975, sempre que aquelas se dediquen á actividade indicada no artigo 1º.

Artigo 4º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002 e rematará o 31 de decembro de 2004, con independencia da súa publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia e deberá denunciarse cun mes de anticipación a esa data.

Artigo 5º.-Comisión mixta paritaria.

Créase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio. O citado órgano, integrado por cinco representantes da asociación empresarial asinante, tres da central sindical Unión Xeral de Traballadores e dous de CC.OO., cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como o seu seguimento. No caso de non chegarse a un acordo na dita comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras concedidas neste convenio teñen o carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás que aquí se conveñen, manténdoas ad personam en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 7º.-Retribucións.

O salario será, para o primeiro ano de vixencia do convenio, isto é, desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2002, o que figura na táboa salarial que se xunta como anexo I e que é o resultado de lles aplicar ós salarios do ano anterior un incremento do 4 %.

O salario será, para o segundo ano de vixencia do convenio, isto é, desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2003, o que figura na táboa salarial que se xunta como anexo II e que é o resultado de lles aplicar ós salarios do ano anterior un incremento do 3%.

Para o terceiro ano de vixencia do convenio, isto é, desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2004, aplicaráselles ós salarios un incremento do 3%.

Establécese para o segundo ano de vixencia, isto é, para o ano 2003, unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal, o 31 de decembro de 2003, supere o incremento do 3% pactado, no exceso da indicada cifra, sen efectos retroactivos, servindo de base para a aplicación do incremento correspondente ó 2004.

Así mesmo, establécese para o terceiro ano de vixencia, isto é, para o ano 2004 unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal o 31 de decembro de 2004 supere o incremento do 3% pactado, no exceso da indicada cifra, sen efectos retroactivos, servindo de base para a aplicación do incremento correspondente ó 2005.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas afectadas por este convenio aboaranlles ós seus traballadores unha paga igual a unha mensualidade, incluída antigüidade, nas datas seguintes: 22 de decembro, 25 de xullo e 22 de marzo (paga de beneficios).

Artigo 9º.-Aumentos periódicos por tempo traballado.

Ó persoal comprendido neste convenio seranlle aboados, desde a súa entrada na empresa, cuadrienios cunha porcentaxe que se fixará, para tódalas categorías profesionais, no 6% do salario base pactado, cun límite do 60% ou 10 cuadrienios. Respectarase, non obstante, o establecido no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores.

A todo o persoal afectado por este convenio recoñeceráselle a cantidade que teña acreditada polo concepto de antigüidade ata a data de entrada en vigor deste convenio.

Artigo 10º.-Complemento de festivos.

As empresas compensarán aqueles traballadores que presten servicios en festivos, ben cun tempo de descanso equivalente, ben co aboamento dun complemento de festivos na contía de 12,02 euros, que percibirán a maiores da retribución ordinaria que lles corresponda.

A partir do 1 de xaneiro de 2004 a contía de complemento de festivos será de 12,38 euros.

Artigo 11º.-Licencias retribuídas.

O traballador poderá ausentarse do traballo, logo de aviso e xustificación, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

1) En caso de falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

2) En caso de accidente ou enfermidade grave, debidamente acreditada, de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

3) En caso de hospitalización de parentes de primeiro e segundo grao: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

4) En caso de matrimonio do traballador: quince días naturais.

5) En caso de nacemento de fillo: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

6) En caso de traslado de domicilio habitual: un día.

7) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, incluído o exercicio do sufraxio activo.

8) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

9) Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, teñen dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poden dividir en dúas fraccións, ou a unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade.

10) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

En todo caso, o traballador terá dereito a aquelas outras licencias que resulten de aplicación en función do disposto na normativa laboral vixente.

Artigo 12º.-Vacacións.

O período de vacacións establécese en 30 días naturais.

Se antes do desfrute do período vacacional o traballador cae en situación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou con hospitalización, sinalarase un novo período vacacional entre a empresa e o traballador.

Artigo 13º.-Liquidación por cesamento.

1. Cando o traballador cause baixa na empresa seralle aboado o importe da liquidación de salarios que legalmente lle corresponda, incluído o importe das gratificacións extraordinarias e o de vacacións en proporción ó tempo traballado desde que se devengou a correspondente gratificación ou se desfrutaron as oportunas vacacións.

2. As empresas aboaranlles ós traballadores que, tendo a idade que a seguir se expresa e máis de 10 anos de antigüidade na empresa, causen baixa nela por extinción do contrato de traballo de mutuo acordo entre empresa e traballador, as seguintes cantidades en concepto de premio de constancia:

64 anos: 2 mensualidades.

63 anos: 1.502,53 euros.

62 anos: 1.803,04 euros.

61 anos: 2.103,54 euros.

60 anos: 2.404,05 euros.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo máximo legal será de 40 horas semanais (de 7 a 14 horas).

Artigo 15º.-Servicio militar ou prestación social substitutoria.

O traballador ó que lle sexa suspendido o seu contrato de traballo por incorporación ó servicio militar ou á prestación social substitutoria, deberá reincorporarse ó seu posto de traballo nos 30 días naturais seguintes, segundo establece o artigo 48.3º do Estatuto dos traballadores. No caso de que non fose readmitido pola empresa, deberá ser indemnizado de acordo co convenio vixente nese momento.

Artigo 16º.-Descanso.

Tódolos traballadores abranguidos neste convenio terán, como mínimo, día e medio de descanso ininterrompido.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

As empresas proverán os traballadores da roupa de traballo necesaria.

Artigo 18º.-Garantías sindicais.

Os traballadores no seo da empresa terán dereito a afiliarse libremente a calquera central sindical. As empresas non poderán exercer medidas coactivas nin realizar ningún acto ou toma de decisión sobre ningún traballador, dirixidas a subordina-la afiliación sindical a un determinado sindicato. Os delegados de persoal e traballadores poderán utiliza-lo cadro de anuncios que se porá en tódalas empresas.

Artigo 19º.-Póliza de seguros de accidente.

As empresas afectadas por este convenio estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguro de accidentes que cubra, en caso de accidente de traballo, así declarado pola Seguridade Social, os riscos de falecemento e invalidez permanente. As contías da citada póliza serán de 19.532,89 euros en caso de morte e 22.537,95 euros en caso de invalidez permanente nos graos de total, absoluta e gran invalidez.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social, mutualidade ou montepío.

Non obstante, a indemnización que se perciba con cargo ó seguro aquí convido considerarase como percibida a conta da indemnización que, de se-lo caso, puidesen declarar, con cargo ás empresas, os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aquela non alcance.

Artigo 20º.-Modalidades de contratación.

Contrato de traballo en prácticas.

O contrato de traballo en prácticas terá por finalidade facilita-la práctica profesional dos traballadores ou traballadoras para perfecciona-los seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

A retribución dos traballadores en prácticas non poderá ser inferior, o primeiro ano de contrato, ó 80% do salario correspondente a igual ou similar categoría e o segundo ano de contrato ó 90%.

Contrato por circunstancias da producción.

O contrato de duración determinada regulado no art 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, poderá ter unha duración máxima de trece meses dentro dun período de dezaoito meses. Esta duración máxima será de doce meses dentro dun período de dezaoito meses para os contratos concertados a partir do 3 de marzo de 2001.

Contrato indefinido de fomento de emprego.

Entendendo as partes asinantes que a modalidade contractual de contrato para o fomento da contratación indefinida é un instrumento adecuado para a consecución de emprego estable, no ámbito de aplicación deste convenio poderá concertarse esta modalidade contractual con traballadores empregados na empresa mediante un contrato de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, subscrito unha vez transcorrido o ano desde a entrada en vigor do Real decreto lei 8/1997.

Artigo 21º.-Incapacidade temporal.

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social ata o 100% do salario de convenio nos casos e coa duración que se indica a seguir:

a) No suposto de que a situación de IT sexa a consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional, o complemento aboarase mentres dure a situación.

b) No suposto de IT derivada de enfermidade común e accidente non laboral, o complemento aboarase unicamente no suposto de que se produza hospitalización do traballador e mentres dure esta.

Artigo 22º.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais que asinan o convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Confiterías de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten o sector, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha como nos que se poidan programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacional como regulada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesio

nais de traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.

-Tódalas outras funcións que a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector da provincia de Lugo.

Artigo 23º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais que asinan o convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Confiterías de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo de convocatoria de calquera das partes con 15 días de anticipación.

As funcións básicas da Comisión de Seguridade e Hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestarlles asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos coñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

Tódalas outras funcións que a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo do sector na provincia de Lugo.

Disposición transitoria

Primeira.-De conformidade co que establece o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, e para o caso de que traballadores con 64 anos cumpridos opten por acollerse á xubilación co 100% dos dereitos, as empresas incluídas neste convenio obríganse a substituír a cada traballador que opte pola xubilación, por outro traballador, inscrito como desempregado na correspondente oficina de emprego, mediante un contrato de duración mínima dun ano, formalizado por escrito e con expresión do nome do traballador a quen se substitúe.

Segunda.-Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia dunha serodia publicación deste convenio deberán aboarse, como máximo, dentro dos dous meses seguintes á publicación do convenio no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

Convenio de pastelería, confeitería e repostería de Lugo

Táboa salarial 2002

(Vixencia desde o 1-1-2002 ó 31-12-2002)

Categoría profesionalSoldoRetribución anual

Encargado xeral779,5611.693,40

Mestre obrador747,6811.215,20

Oficial de 1ª693,7010.405,50

Oficial de 2ª646,449.696,60

Axudante599,488.992,20

Aprendiz de 16 a 18 anosSMI vixente

Limpador [pts./hora]2,22

ANEXO II

Convenio de pastelería, confeitería e repostería de Lugo

Táboa salarial 2003

(Vixencia desde o 1-1-2003 ó 31-12-2003)

Categoría profesionalSoldoRetribución anual

Encargado xeral802,9512.044,25

Mestre obrador770,1111.551,65

Oficial de 1ª714,5110.717,65

Oficial de 2ª665,839.987,45

Axudante617,469.261,90

Aprendiz de 16 a 18 anosSMI vixente

Limpador [pts./hora]2,29