Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo (código 2700505), asinado o día 30 de xuño de 2003, pola representación da Asociación de Transportes Discrecionales de Mercancías por Carretera (Tradime), Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Fraccionada, Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Completa e das centrais sindicais UGT (40%), CC.OO. (37,1%), CIG (27,3%) e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995,

do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de xullo de 2003.

P.A. (Artigo 10.3º 1, Decreto 212/2003, do 3 de abril)

Alberto José López Díaz

Secretario provincial de Lugo

Convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo

Capítulo I

Condicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

As disposicións deste convenio obrigan a tódalas empresas e traballadores da provincia de Lugo que teñan as súas actividades reguladas polo Acordo xeral para as empresas de transportes de mercadorías por estrada, publicado no BOE do 29 de xaneiro de 1998, e para maior concreción indícanse seguidamente:

Servicios regulares de mercadorías, servicios discrecionais de mercadorías, transporte de peixe, transportes frigoríficos, transportes líquidos, transportes especiais (guindastres, etc.), transportes locais de mercadorías, explotación de túneles e autoestradas, garaxes, aparcamentos e servicios de lavado e engraxamento, despachos auxiliares ou centrais de FF.CC. con vehículos automóbiles, transportes de mobles, mudanzas gardamobles, servicios de aluguer de coches con ou sen conductor.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación en toda a provincia de Lugo, quedando sometidas a el tanto as empresas xa existentes como as de nova creación radicadas no ámbito territorial, ou que, aínda tendo o seu domicilio social noutro lugar, teñan establecementos na provincia de Lugo, en canto ó persoal adscrito a eles.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2003, finalizando o día 31 de decembro de 2004.

Artigo 4º.-Denuncia.

Ó extinguirse o período de aplicación e vixencia deste convenio, este considerarase expresamente denunciado, sen necesidade de efectuar ningún trámite, manténdose a vixencia dos seus contidos normativos ata o asinamento doutro que o substitúa.

Artigo 5º.-Interpretación do convenio.

Para a interpretación do contido deste convenio, vixia-lo seu cumprimento e, en xeral, para atender a aquelas cuestións que poidan derivarse da súa aplicación, crearase unha comisión mixta paritaria, formada dunha banda por dous representantes de cada unha das partes que no seu momento designen as asociacións patronais asinantes, e doutra banda por tres representantes de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio.

No caso de desacordo, as partes someteranse á arbitraxe do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación, sen prexuízo das competencias que correspondan á xurisdicción laboral.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

No caso de nulidade parcial por modificación de calquera das condicións, quedará na súa totalidade sen eficacia práctica, debendo negociarse todo o seu contido.

Artigo 7º.-Lexislación supletoria.

En todo o non recollido neste convenio aplicarase o que determine o Acordo xeral para as empresas de transportes de mercadorías por estrada, publicado no BOE de 29 de xaneiro de 1998.

Artigo 8º.-Condición máis beneficiosa.

Respectaranse as situacións persoais que en cómputo anual excedan destas normas. Toda vez que as melloras que se implantan en virtude deste convenio teñen carácter de mínimas estimadas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito implantadas polas empresas que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Capítulo II

Xornada, vacacións e descansos

Artigo 9º.-Xornada.

A xornada laboral será de 1.816 horas en cómputo anual, sendo de aplicación ó respecto o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1561/1995.

Artigo 10º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio colectivo desfrutará de 30 días naturais de vacacións, dentro do ano natural, sen distinción de antigüidade ou categoría profesional, e de acordo coa normativa laboral vixente. O desfrute do período de vacacións non poderá iniciarse en día correspondente a descanso semanal ou día festivo.

Para os traballadores que ingresen ou rematen o seu contrato no transcurso do ano, ratearanse os días de vacacións en función do tempo de prestación de servicios.

As empresas e os representantes legais dos traballadores/as, en ausencia destes os propios traballadores, procurarán pactar un calendario de vacacións nos tres primeiros meses do ano.

Artigo 11º.-Permisos.

Independentemente dos xa establecidos no Estatuto dos traballadores, e que se relacionan a continuación, para todo o persoal afectado por este convenio colectivo, establécense dous días non laborables e non recuperables dentro da xornada de 1.816 horas.

Conforme o disposto no Estatuto dos traballadores, o traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais no caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo.

Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador afectado á situación de excedencia.

No suposto no que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que tivera dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Tendo en conta a existencia dun gran número de traballadores en paro, tenderase á eliminación das horas extras durante a vixencia deste convenio. En calquera caso, as empresas terán que respectar escrupulosamente os topes legais existentes.

Artigo 13º.-Traballo en días festivos.

Cando, excepcionalmente e por razóns técnicas ou organizativas non se poidan desfruta-las festas laborales aprobadas para cada ano, o traballador, de mutuo acordo coa empresa, poderá optar entre desfrutar dun descanso compensatorio equivalente dentro dos catro meses seguintes á festa non desfrutada ou cobrar un complemento de traballo en festivos en contía de 31,55 euros por cada festivo traballado, a partir da publicación deste convenio no BOP de Lugo.

A partir do 1 de xaneiro de 2004 o importe do complemento de traballo en festivos será de 33,13 euros por cada festivo traballado.

Capítulo III

Retribucións

Artigo 14º.-Salario de convenio.

1. Incremento salarial:

a) Será para o ano 2003 o que se establece para cada categoría na correspondente columna do anexo I adxunto, resultado de aplicar un incremento do 3% sobre as táboas salariais vixentes no ano anterior, aplicándose con efectos retroactivos desde o 1 de

xaneiro de 2003 e servirá de base ou módulo para o cálculo de tódolos complementos persoais de posto de traballo, de cantidade e de calidade. Con independencia desta retribución establécese un salario mínimo de 619,36 euros mensuais, como mínimo, sexa cal sexa a categoría profesional de que se trate.

b) O salario de convenio será para o ano 2004 o resultado de aplicar sobre o salario de convenio de 2003 o incremento consistente no IPC previsto polo Goberno para o ano 2004 máis un 0,5%, reuníndose para tales efectos a comisión negociadora do convenio tan pronto como se constate o IPC previsto polo Goberno para a confección, sinatura e posterior remisión ós diario oficiais das táboas de salarios correspondentes a este período.

2. Cláusula de revisión salarial:

a) Para o ano 2003 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2003 rexistrase un incremento superior ó 2%. Nese caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da indicada cifra, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2003, servindo de base para o incremento do ano 2004.

b) Para o ano 2004 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2004 rexistrase un incremento superior ó IPC previsto polo Goberno para o ano 2004. Nese caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da indicada cifra, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2004, servindo de base para o incremento do ano 2005.

Artigo 15º.-Atrasos de convenio.

Os atrasos que resulten da aplicación deste convenio faranse efectivos ós traballadores como máximo durante os trinta días seguintes á publicación deste convenio no BOP de Lugo.

Artigo 16º.-Complemento de convenio.

Establécese para todo o persoal no ano 2003 un complemento de 81,35 euros mensuais, cotizable á Seguridade Social.

O complemento de convenio para o ano 2004 será o resultado de aplicar ó complemento de convenio de 2003 o mesmo incremento pactado para este período para o salario de convenio.

Artigo 17º.-Antigüidade.

Para todo o persoal afectado por este convenio establécense as percepcións que seguidamente se relacionan polo concepto de antigüidade con carácter de máximas:

-2 anos: 9,02 euros mensuais.

-4 anos: 18,03 euros mensuais.

-9 anos: 36,06 euros mensuais.

-14 anos: 54,09 euros mensuais.

-19 anos: 72,12 euros mensuais.

-24 anos: 90,15 euros mensuais.

-29 anos: 108,18 euros mensuais.

O disposto anteriormente enténdese sen prexuízo dos dereitos adquiridos respecto a cantidades xa consolidadas e que veñen percibindo actualmente os traballadores.

Artigo 18º.-Pagas extra.

As pagas serán tres: Nadal, xullo e beneficios, pagadeira esta última no mes de marzo. O importe destas pagas será, cada unha delas, igual ó salario base de 30 días establecido no convenio máis antigüidade e o seu devengo será anual.

Para os efectos do devengo das pagas extra, establécense os seguintes períodos:

Paga extra de xullo: desde o 1 de xullo ó 30 de xuño.

Paga extra de Nadal: desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

Paga extra de beneficios: desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro.

Artigo 19º.-Complemento persoal de idiomas.

Para todo aquel persoal incluído no ámbito deste convenio que para o desempeño do seu traballo faga uso dalgún idioma estranxeiro, establécese un complemento persoal de 86,18 euros mensuais para o ano 2003 para cada idioma empregado.

O complemento persoal de idiomas para o ano 2004 será o resultado de aplicar ó complemento de 2003 o mesmo incremento pactado para este período para o salario de convenio.

Para o recoñecemento deste complemento requerirase o uso utilitario do idioma cun nivel adecuado para o entendemento básico nun nivel de conversación comercial.

Para a determinación da aptitude necesaria e do dereito á percepción deste complemento polos traballadores afectados a comisión mixta paritaria do convenio establecerá anualmente un mínimo dunha convocatoria de probas que se levará adiante coa concorrencia de técnicos titulados nos idiomas correspondentes, que serán os que determinarán o contido das probas que hai que efectuar e valorarán as condicións dos concorrentes ás probas, sen menoscabo da súa ratificación polos representantes que integran a comisión mixta paritaria do convenio.

Artigo 20º.-Complemento de perigosidade.

Para os traballadores ó servicio da empresa á entrada en vigor do convenio de transporte de mercadorías por estrada do ano 1993 e que manipulen ou transporten habitualmente mercadorías explosivas, inflamables ou tóxicas, establécese un complemento de perigosidade na contía de 240,40 euros.

Para os traballadores que se contratasen a partir da entrada en vigor deste convenio e que realicen as tarefas indicadas no punto anterior, establécese un complemento de 240,40 euros no caso de que

se contraten por tempo inferior a un ano. Se a contratación é por tempo superior a un ano ou indefinida, a contía do referido complemento é de 138,83 euros a partir da publicación deste convenio no BOP de Lugo e de 145,77 euros a partir do 1 de xaneiro de 2004.

Artigo 21º.-Axudas de custo.

A contía das axudas de custo queda establecida a partir da publicación deste convenio no BOP de Lugo nas cantidades que seguidamente se relacionan:

-Destacamento: 28,64 euros.

-España e Portugal: 33,15 euros.

-Resto de Europa: 41,19 euros.

A partir do 1 de xaneiro de 2004 a contía das axudas de custo queda establecida nas cantidades que seguidamente se relacionan:

-Destacamento: 30,07 euros.

-España e Portugal: 34,81 euros.

-Resto de Europa: 43,25 euros.

A axuda de custo de destacamento entrará en vigor cando o traballador leve, como mínimo, 15 días de permanencia na mesma praza.

Artigo 22º.-Incapacidade temporal derivada de accidente de traballo e incapacidade temporal con hospitalización.

Para tal suposto, as empresas completarán a prestación económica da Seguridade Social ata o 100% do salario regulador.

Igualmente, a empresa satisfará o 100% do salario en caso de IT que motive hospitalización e polo período de duración desta. Cando, a xuízo da empresa, existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade, poderá requiri-lo traballador para que se someta a recoñecemento do facultativo que a empresa designe, sendo a cargo desta os gastos que se orixinen por tal motivo.

Artigo 23º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas comprendidas no ámbito de aplicación deste convenio contratarán, no prazo máximo de 30 días a partir da súa publicación no BOP de Lugo deste texto articulado, unha póliza de seguros con primas íntegras ó seu cargo, para tódolos traballadores, que cubrirán os riscos de morte e invalidez permanente (graos de total, absoluta e grande invalidez) derivados de accidente de traballo, incluído in itinere.

As contías serán as seguintes:

-Morte do traballador: 32.000 euros.

-Invalidez permanente: 32.000 euros.

Artigo 24º.-Premio de constancia.

Os traballadores que, con 10 anos como mínimo de antigüidade na empresa, decidan voluntariamente xubilarse anticipadamente e sempre e cando exista

acordo previo entre o traballador e a empresa, terán dereito ó desfrute de vacacións retribuídas na duración que seguidamente se relaciona:

-Ós 60 anos de idade: 10 mensualidades.

-Ós 61 anos de idade: 9 mensualidades.

-Ós 62 anos de idade: 7 mensualidades.

-Ós 63 anos de idade: 6 mensualidades.

-Ós 64 anos de idade: 4 mensualidades.

A solicitude de xubilación anticipada deberá efectuala o traballador coa suficiente antelación.

Ó cumpri-los 65 anos de idade, a xubilación será obrigatoria para o traballador, sempre e cando reúna o período de carencia necesario para acceder á correspondente prestación.

Artigo 25º.-Cláusula de inaplicación salarial.

Cando unha empresa das incluídas no ámbito de aplicación deste convenio pretenda a inaplicación do nivel retributivo establecido nel, deberá proceder do seguinte xeito:

1. A empresa interesada na inaplicación deberá instala remitindo á comisión paritaria do convenio escrito polo que comunique a súa intención de acollerse a este artigo e a causa ou causas que invoque para iso, debendo, así mesmo, remitir á comisión paritaria, nos 30 días seguintes a tal comunicación, a documentación que acredite a causa ou causas invocadas, documentación entre a que figurará necesariamente a presentada pola empresa con carácter obrigatorio ante o Ministerio de Facenda, Rexistro Mercantil e outros organismos oficiais referida ó último exercicio.

2. A comisión paritaria terá un termo dun mes, desde a presentación da documentación á que se fai referencia no punto anterior, para resolver. Dentro deste termo dun mes, escoitarase á representación dos traballadores da empresa solicitante así como ós representantes da propia empresa solicitante ante os sindicatos e organizacións empresariais partícipes da mesa negociadora.

3. Será requisitos necesarios para obte-la inaplicación do nivel retributivo do convenio estar ó día no seu aboamento ata a data de resolución da comisión paritaria, salvo nos casos nos que a comisión paritaria estime oportuno o incumprimento deste requisito.

4. Así mesmo, a empresa debe dar conta da situación de inestabilidade no exercicio anterior e demostrar que, no caso de aplica-lo réxime salarial pactado no convenio, tería que proceder a medidas de extinción ou suspensión de contratos.

5. No caso de estimar fundada a solicitude, a comisión paritaria establecerá o nivel retributivo que se aplicará na empresa afectada, que en ningún caso debe afecta-la estructura establecida para o salario deste convenio.

6. En todo caso, o beneficio de inaplicación só se entende ata o remate do período de vixencia establecido para o nivel retributivo vixente no momento da solicitude ou, se é o caso, para o prazo que estimase a comisión paritaria.

7. A comisión paritaria estenderá copia fidedigna da súa resolución remitindo exemplares dela á representación da empresa, ós seus traballadores e ós sindicatos e organizacións empresariais que participaron no proceso. Tamén a remitirá á autoridade laboral, para efectos de rexistro, depósito e publicación.

Capítulo IV

Contratación

Artigo 26º.-Contratos de duración determinada regulados no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Estos contratos poderán celebrarse cunha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito meses.

Capítulo V

Disposicións adicionais

Primeira.-Carné de conducir.

Ós conductores ós que, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta dela, se lles retire o seu permiso de conducción por tempo non superior a 6 meses, serán destinados este tempo a outro traballo, aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgún dos servicios de que dispoña a empresa, e seguirán percibindo o salario correspondente á súa categoría.

O disposto nesta disposición non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro da vixencia do convenio, quedando excluídos deste beneficio os conductores que se viran privados do permiso de conducir como consecuencia do consumo de drogas ou de inxestión de bebidas alcohólicas en cantidade superior á permitida pola lei.

Segunda.-Dereitos sindicais.

As empresas poderán deducir, a través das nóminas, as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais que corresponda. Os interesados deberán solicitalo por escrito á dirección da empresa. Os importes retidos serán entregados á persoa ou entidade que designe a central sindical correspondente.

Terceira.-Garantías sindicais.

Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte, se é o caso, do remate do seu mandato, salvo que esta se produza por revocación ou demisión, e sempre que o despedimento ou sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación.

Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedeceran a outra causa, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou delegado sindical, no suposto de que estea recoñecido como tal na empresa.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa, exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente ó efecto.

Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.

Sen excede-lo máximo legal, poderán ser consumidas horas retribuídas de que dispoñen os membros de comités de empresa ou delegados de persoal, co fin de preve-la asistencia a cursos de formación organizados polos sindicatos.

Cuarta.-Taboleiro de anuncios.

Tódalas empresas afectadas por este convenio facilitaranlles ós traballadores un taboleiro de anuncios. A súa utilización estará circunscrita a temas de carácter laboral ou sindical, entendidos amplamente. O taboleiro de anuncios poderá ser empregado tamén polas empresas para a inclusión de calquera anuncio ou comunicación que consideren de interese.

Quinta.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes das asociacións provinciais de empresarios de transportes de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñocemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector de transportes, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que poidan programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la súa organización e programación, tanto ocupacional como regulamentada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativos e

manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Sexta.-Roupa de traballo.

Tódolos traballadores terán dereito a que as empresas os provexan da roupa de traballo e calzado de seguridade que resulte necesario en función do traballo a desenvolver.

Capítulo VI

Disposicións transitorias

Única.-Para os efectos de evitar atrasos na publicación do convenio no futuro, as partes asinantes comprométense a constituí-la comisión negociadora do próximo convenio entre o 1 e o 10 de novembro de 2004.

ANEXO

Táboa salarial convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo

(Vixencia do 1-1-2003 ó 31-12-2003)

Categoría profesionalSoldo baseComplem. convenioRetribución anual

Grupo 1. Persoal técnico superior

* Subgrupo A:
Xefe de servicio946,4581,3515.172,95
Inspector principal844,5581,3513.644,45

* Subgrupo B:
Enxeñeiro e licenciado840,4281,3513.582,50
Enxeñeiro técnico e auxiliar titulado703,5981,3511.530,05
Axudante técnico sanitario653,3281,3510.776,00

Grupo 2. Persoal administrativo
Xefe de sección724,6681,3511.846,10
Xefe de negociado683,1081,3511.222,70
Oficial de 1ª640,6181,3510.585,35
Oficial de 2ª622,5381,3510.314,15
Auxiliar administrativo622,5381,3510.314,15

-Sección 2ª. Persoal de axencias de transporte
Encargado xeral746,7881,3512.177,90
Encargado de almacén718,4981,3511.753,55
Capataz690,2081,3511.329,20
Auxiliar de almacén e báscula622,5381,3510.314,15
Mozo especializado (día)20,7881,3510.431,10
Mozo carga e descarga e repartición (día)20,7881,3510.431,10

* Subgrupo B. Transporte de mercadorías
Xefe de tráfico de 1ª746,7881,3512.177,90
Xefe de tráfico de 2ª718,4981,3511.753,55
Xefe de tráfico de 3ª690,2081,3511.329,20
Conductor mecánico (día)22,3481,3511.140,90
Conductor (día)21,7681,3510.877,00
Conductor motocicleta e furgoneta (día)21,1481,3510.594,90
Axudante (día)20,7881,3510.431,10
Mozo especializado (día)20,7881,3510.431,10
Mozo (día)20,7881,3510.431,10

-Sección 1ª. Grupo E: garaxes e aparcamentos
Encargado xeral de 1ª746,7881,3512.177,90
Encargado xeral de 2ª718,5081,3511.753,70
Encargado de almacén690,2081,3511.329,20
Engraxador-lavacoches (día)20,7881,3510.431,10
Garda caixeiro (día)20,7881,3510.431,10
Garda de noite e día. Mozo (día)20,7881,3510.431,10

-Sección 2ª. Grupo F: estacións de lavado e engraxamento
Encargado de 1ª746,7881,3512.177,90
Encargado de 2ª718,5081,3511.753,70
Engraxador. Mozo de servicio (día)19,0681,359.648,50

* Subgrupo F. Transporte de mobles, mudanzas e gardamobles
Xefe de tráfico746,7881,3512.177,90
Inspector visitador718,4981,3511.753,55
Encargado de almacén gardamobles. Capataz690,2081,3511.329,20
Mozo especializado (día)20,9181,3510.490,25

Categoría profesionalSoldo baseComplem. convenioRetribución anual

Mozo (día)20,7881,3510.431,10
Carpinteiro (día)21,5581,3510.781,45
Conductor mecánico (día)22,3481,3511.140,90
Conductor (día)21,7581,3510.872,45
Conductor furgoneta e motocicleta (día)21,1481,3510.594,90
Capitonista (día)20,9681,3510.513,00

Grupo 4. Persoal de talleres
Xefe de taller774,4481,3512.592,80
Encargado ou contramestre693,3581,3511.376,45
Encargado xeral669,2781,3511.015,25
Encargado de almacén643,7881,3510.632,90
Xefe de equipo (día)22,6581,3511.281,95
Oficial de 1ª (día)22,0781,3511.018,05
Oficial de 2ª (día)21,1481,3510.594,90
Oficial de 3ª. Mozo de taller (día)20,7881,3510.431,10

Grupo 5. Persoal de guindastres
Conductor mecánico (día)28,9881,3514.162,10
Conductor de guindastre (día)26,6881,3513.115,60
Operador de guindastre (día)24,3781,3512.064,55
Persoal subalterno
Cobrador de facturas, telefonista, porteiro e vixiante631,2481,3510.444,80
Limpadora (por horas)8,3081,354.752,70