Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.814

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías dos Materiais convocadas no anexo IV, da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo).

A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Tecnoloxías para a Innovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo IV, a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías dos Materiais.

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Con

sellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 13 de marzo), atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola Comisión de Selección prevista no apartado 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de

investigación e centros públicos de Investigación da Comunidade Autónoma, ós beneficiarios que se relacionan no anexo I da presente resolución, nas contías que en cada caso se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos ós que se relacionan no anexo II da presente resolución.

As axudas que se relacionan nos anexos I e II comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de Investigación e Desenvolvemento para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo III da presente resolución.

Cuarto.-Concede-las axudas para dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, agru

pacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo IV da presente resolución.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

ANEXO I

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.740.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL

CONCEDIDO

PERSOAL

LIZ MARZÁN, LUIS MANUELPGIDIT03TMT30101PRMATERIAIS CERÁMICOS E POLIMÉRICOS NANOCOMPOSTOS CON PROPIEDADES MECÁNICAS E ÓPTICAS CONTROLADAS326.92835.90417.9528.97689.760SI

SERRA RODRÍGUEZ, JULIA DE LA ASUNCIÓNPGIDIT03TMT30301PRRECUBRIMENTOS CERÁMICOS BIOACTIVOS: OPTIMIZACIÓN DAS SÚAS PROPIEDADES326.79735.73017.8658.93489.326SI

ANEXO II

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.781.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL

CONCEDIDO

PERSOAL

INSTITUTO DE CERÁMICAPGIDIT03TMT23901CTPURIFICACIÓN DO SILICIO METALÚRXICO POR TRATAMENTO CON ESCOURAS DE ALTA TEMPERATURA PARA A OBTENCIÓN DE SILICIO DE CALIDADE SOLAR PARA APLICACIÓNS FOTOVOLTAICAS230.00040.00020.00090.000SI

ANEXO III

SOLICITANTECÓDIGOAPLICACIÓN

ORZAMENTARIA

TÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL

CONCEDIDO

PORC.

SUBV.

TOTAL

PROXECTO

ASOC. FOMENTO DE LA

INVEST. CERÁMICA

PGIDIT03TMT01E08.05.432A.781.0OBTENCIÓN DE RECUBRIMENTOS SUPERFICIAIS DE CSI E N4SI3 SOBRE CRISOIS REFRACTARIOS PARA O SEU USO EN TRATAMENTOS DE SILICIO DE CALIDADE ELECTRÓNICA E OUTROS METAIS DE ALTA PUREZA220.47420.30521.149-61.92826236.856

CERÁMICA RIOBÓO, S.L.PGIDIT03TMT02E08.05.432A.770.0ESTUDIO DE VIABILIDADE DE FABRICACIÓN DE ARXILA EXPANDIDA13.2973.262--6.5592230.453

DALPHI METAL ESPAÑA, S.A.PGIDIT03TMT03E08.05.432A.770.0OPTIMIZACIÓN DA VIDA DOS MOLDES PARA A FABRICACIÓN DE VOLANTES DE AUTOMÓBIL DE MAGNESIO POR FUNDICIÓN INXECTADA226.17825.96227.043-79.18350158.367

EXPLOTAC. CERÁMICAS ESPAÑOLAS, S.A.PGIDIT03TMT04E08.05.432A.770.0I+D PARA A MELLORA E AMPLIACIÓN DOS NOSOS PRODUCTOS A REALIZAR EN ECESA-LUGO221.52321.34622.234-65.10323284.188

FERROATLÁNTICA, S.L.PGIDIT03TMT05E08.05.432A.770.0SILICIO DE CALIDADE PARA PANEIS SOLARES258.48458.00160.415-176.900171.040.557

MECALIA, S.L.PGIDIT03TMT06E08.05.432A.770.0ESTUDIO DAS CAUSAS DE CORROSIÓN DE DEPÓSITOS DE AUGA QUENTE FABRICADOS EN ACEIRO INOXIDABLE AUSTENÍTICO. ANÁLISE DO PROCESO DE FABRICACIÓN, SELECCIÓN E ESTUDIO DE MATERIAIS ALTERNATIVOS QUE PERMITAN REDUCI-LO RISCO DE CORROSIÓN215.45615.32815.966-46.7505093.500

SOLICITANTECÓDIGOAPLICACIÓN

ORZAMENTARIA

TÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL

CONCEDIDO

PORC.

SUBV.

TOTAL

PROXECTO

NORCONTROL, S.A. PGIDIT03TMT07E08.05.432A.770.0ESTUDIO ESTRUCTURAL DO EFECTO DA TEMPERATURA EN MATERIAIS METÁLICOS DE APLICACIÓN INDUSTRIAL38.6779.2966.1986.81730.98827113.450

PARIS DAKART ÁREA RECREATIVA, S.A.PGIDIT03TMT08E08.05.432A.770.0PROTECCIÓN ABSORBE IMPACTOS (APLICABLE A CIRCUÍTOS DE KARTING)114.960---14.9601696.100

STILINEA COCINAS, S.A.PGIDIT03TMT09E08.05.432A.770.0DESENVOLVEMENTO DE PROTOTIPO DE MODELOS DE COCIÑAS312.04012.9008.6009.46043.00022199.500

ANEXO IV

SOLICITANTECÓDIGOAPLICACIÓN

ORZAMENTARIA

TÍTULODURACIÓNTOTAL

CONCEDIDO

PORC.

SUBV.

CUSTO

ASOCIACIÓN DE FOMENTO DA INVESTIGACIÓN DA CERÁMICA GALEGA/AFICEGAPGIDIT03TMT01DT08.05.432A.781.0DOTACIÓN DE LABORATORIO191.00070130.000

CERÁMICAS EL PROGRESO, S.A.PGIDIT03TMT02DT08.05.432A.770.0DOTACIÓN DE LABORATORIO131.2287044.612

CERÁMICA VEREA, S.A.PGIDIT03TMT03DT08.05.432A.770.0DOTACIÓN DE LABORATORIO125.7267036.752

COLYAER, S.L.PGIDIT03TMT04DT08.05.432A.770.0DOTACIÓN DE LABORATORIO126.6437038.061