Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.813

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Ciencias Sociais convocadas no anexo I, da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 13 de maio) e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 26 de febreiro).

A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 13 de maio) pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Servicios ó Cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo I, a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Ciencias Sociais.

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (DOG do 26 de febreiro), atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de Investigación da Comunidade Autónoma, ós beneficiarios que se relacionan no anexo I da presente resolución, nas contías que en cada caso se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte da súa publicación no DOG. Aqueles proxectos que

figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos ós que se relacionan no anexo II da presente resolución.

As axudas que se relacionan nos anexos I e II comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de Investigación e Desenvolvemento para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ás que se relacionan no anexo III da presente resolución.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

ANEXO I

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.740.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL

CONCEDIDO

PERSOAL

ÁLVAREZ GONZÁLEZ, SANTIAGOPGIDIT03CSO20201PRINDEMNIZACIÓN DE DANOS NO CASO PRESTIGE. ESTADO DA CUESTIÓN E PROPOSTAS DE MODIFICACIÓN LEXISLATIVA38.187,00 *12.2814.0942.72927.291NON

ANTELO SUÁREZ, MANELPGIDIT03CSO20101PRESTRATEXIAS EMPRESARIAIS, EFICIENCIA SOCIAL E REGULACIÓN36.76510.1483.3822.25522.550NON

BOTANA AGRA, MANUEL JOSÉPGIDIT03CSO20202PRACHEGAS DA XURISPRUDENCIA NA INTERPRETACIÓN E APLICACIÓN DA LEXISLACIÓN POSCONSTITUCIONAL SOBRE SOCIEDADES COOPERATIVAS19.1063.9020013.008NON

CABALLERO ÁLVAREZ, ABEL RAMÓNPGIDIT03CSO30001PREFECTOS REXIONAIS DAS POLÍTICAS MONETARIAS E FISCAIS NA UE317.49026.2358.7455.83058.300SI

CARRO FERNÁNDEZ-VALMAYOR, JOSÉ LUISPGIDIT03CSO20203PRNOVOS PROBLEMAS DA ACTIVIDADE ECONÓMICA E PRESTACIONAL DOS CONCELLOS. A INCIDENCIA DO DEREITO COMUNITARIO E DO PROCESO DE DESCENTRALIZACIÓN LOCAL39.90014.8504.9503.30033.000NON

COBO BEDIA, ROSAPGIDIT03CSO10201PRPOLÍTICAS PÚBLICAS, ESTRATEXIAS EDUCATIVAS E DESENVOLVEMENTO RURAL EN GALICIA313.81020.7166.9054.60446.035SI

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL

CONCEDIDO

PERSOAL

FARIÑA RIVERA, FRANCISCAPGIDIT03CSO37401PRESTUDIO DOS MECANISMOS SUBXACENTES Á TOMA DE DECISIÓNS XUDICIAIS313.03519.5526.5184.34543.450NON

FERNÁNDEZ DE ROTA MONTER, JOSÉ ANTONIOPGIDIT03CSO16701PRSIMBOLISMO DO CONSUMO E IDENTIDADE CULTURAL: EMPRESA FAMILIAR E MERCADO EN GALICIA36.6009.9003.3002.20022.000NON

FERNÁNDEZ-FEIJÓO SOUTO, BELÉNPGIDIT03CSO30002PRA ACTIVIDADE DE MARISQUEO E PESCA DE BAIXURA NAS RÍAS GALEGAS: A SOCIEDADE COOPERATIVA COMO FÓRMULA DE ARTICULACIÓN DUN PROXECTO EMPRESARIAL311.30216.9545.6513.76837.675NON

MÍGUEZ GONZÁLEZ, SANTIAGOPGIDIT03CSO10202PRDESEÑO DO PLAN ESTRATÉXICO DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE PARA GALICIA25.6109.3503.740018.700NON

SIEIRO CONSTENLA, MILAGROSPGIDIT03CSO10001PRA FISCALIDADE NO ACCIDENTE DO BUQUE PRESTIGE. ANÁLISE DO IMPACTO DAS MEDIDAS ADOPTADAS. CONFIGURACIÓN DUN "MODELO FISCAL ACTIVO".27.376*12.2924.917024.585SI

SOBRINO HEREDIA, JOSÉ MANUEL

Subproxectos:

PGIDIT03CSO16302PRSEGURIDADE MARÍTIMA E AMBIENTE: REPERCUSIÓNS XURÍDICO-PÚBLICAS E SOCIO-POLÍTICAS DO CASO PRESTIGE317.214*17.2124.3034.30343.032SI
RUANO GÓMEZ, JUAN DE DIOS39.1579.1562.2892.28922.891SI
SOBRINO HEREDIA, JOSÉ MANUEL38.0578.0562.0142.01420.141NON

As axudas sinaladas con asterisco encádranse nas accións para impusa-la investigación en materias relacionadas coa conservación do medio ambiente previstas no convenio de colaboración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para a posta en marcha do plan de axudas para Galicia destinada ós afectados pola catástrofe ocasionada polo buque Prestige.

ANEXO II

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.781.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL

CONCEDIDO

PERSOAL

AIMENPGIDIT03CSO00401CTESTUDIO DE MERCADO SOBRE O MODELO DE FINANCIAMENTO PÚBLICO DOS CENTROS TECNOLÓXICOS DOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS137.680---37.680NO

AIMENPGIDIT03CSO00402CTESTUDIO DE MERCADO DO NIVEL TÉCNICO EXISTENTE NAS TECNOLOXÍAS DA UNIÓN DENTRO DO SECTOR NAVAL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA142.46032.340--74.800SI

AIMENPGIDIT03CSO00403CTESTUDIO DE MERCADO SOBRE O NIVEL TÉCNICO EXISTENTE NAS TECNOLOXÍAS DA UNIÓN DENTRO DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA142.46032.340--74.800SI

ANEXO III

Aplicación orzamentaria: 08.05.432A.770.0

SOLICITANTECÓDIGOTÍTULODURACIÓNANO 2003ANO 2004ANO 2005ANO 2006TOTAL

CONCEDIDO

PORC.

SUBV.

TOTAL

PROXECTO

ACUAVISIÓN GALICIA, S.L.PGIDIT03CSO01EPLAN INTEGRAL DE I+D ECO-TURÍSTICO NO ÁMBITO DO MEDIO MARINO334.84834.84823.23223.230116.15847245.240

DATECO CONSULTORES, S.L.PGIDIT03CSO02EDESEÑO E PRIMEIRA APLICACIÓN DUNHA CONTA SATÉLITE DO COMERCIO ELECTRÓNICO EN GALICIA212.75028.05010.200051.00033154.950

INSTALACIONES ELÉCTRICAS DE SANXENXO, S.L.: INELSA, S.L.PGIDIT03CSO03EDESEÑO DUN NOVO CANLE DE DISTRIBUCIÓN A OBRA113.76332.1120045.8754895.100