Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.812

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 8 de outubro de 2003 pola que se nomean os membros do xurado do premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós premios Galicia de Investigación 2003.

A orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 17 de xullo de 2003 (DOG do 28 de xullo) convoca o premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós premios Galicia de Investigación 2003.

Na base quinta do artigo 1 da devandita orde establécese a composición do xurado. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós premios Galicia de Investigación 2003, as persoas que de seguido se relacionan:

Presidente: Pedro Merino Gómez, director xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Vocais:

-Manuel Balseiro González, director da Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga).

-Manuel Castro Pérez, subdirector de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

-Antonio Fontenla Ramil, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

-José Manuel González González, director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Secretario: José Manuel Cotos Yánez, subdirector xeral de Planificación e Xestión Técnica da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que actuará con voz pero sen voto.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio