Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 15 de outubro de 2003 Páx. 12.812

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 8 de outubro de 2003 pola que se nomean os membros do xurado do premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e do premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica), correspondente ós premios Galicia de Investigación 2003.

A orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 17 de xullo de 2003 (DOG do 28 de xullo) convoca o premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e o premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica), correspondentes ós premios Galicia de Investigación 2003.

Na base sexta do artigo 1 da devandita orde establécese a composición do xurado. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica e do premio para Investigadores Mozos (área científico-técnica), correspondentes ós premios Galicia de Investigación 2003, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidente: Enrique Otero Huertas, catedrático da Universidade Rey Juan Carlos I de Madrid.

Vocais:

-Eduardo García-Rodeja Gayoso, vicerrector de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela.

-Manuela Juárez Iglesias, vicepresidenta do Consello Superior de Investigación Científica (CSIC).

-Salustiano Mato de la Iglesia, vicerrector de Investigación da Universidade de Vigo.

-Alejandro Pazos Sierra, vicerrector de Investigación da Universidade da Coruña.

-Edelmiro Rúa Álvarez, director da Escola de Camiños, Canles e Portos da Universidad Politécnica de Madrid.

-Ernesto Vieites Cortizo, presidente da Real Academia Galega das Ciencias.

Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, subdirector xeral de Xestión Administrativa e Económica da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que actuará con voz pero sen voto.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio