A Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades (DOG do 3 de xuño) crea o Consello Galego de Universidades como órgano colexiado de consulta e asesoramento da consellería competente en materia universitaria para o desenvolvemento da política de coordinación e planificación do Sistema Universitario de Galicia.
O artigo 7 da citada lei regula a composición do Consello Galego de Universidades e determina que cinco dos seus membros serán designados pola comisión do Parlamento de Galicia competente en materia universitaria.
Con data do 16 de setembro de 2003, a Comisión 4ª, Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia procedeu á elección dos cinco membros que lle corresponde designar no Consello Galego de Universidades.
Os demais membros, en virtude do cargo que desempeñan e a correspondente normativa de nomeamento. O secretario por designación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 2/2003.
Na súa virtude, esta consellería, cumprindo o disposto no artigo 7.2º, parágrafo segundo, da citada Lei 2/2003,
DISPÓN:
Artigo único.-Facer pública a composición do Consello Galego de Universidades, que estará constituído polos seguintes membros:
1. Presidente: Celso Currás Fernández, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.
2. Vicepresidente: José Eduardo López Pereira, director xeral de Universidades.
3. Vocais:
a) Pedro Merino Gómez, director xeral de Investigación e Desenvolvemento.
b) Os rectores das universidades galegas:
-Senén Barro Ameneiro, rector da Universidade de Santiago de Compostela.
-Domingo Docampo Amoedo, rector da Universidade de Vigo.
-Alfonso Barca Lozano, realizando as funcións de rector da Universidade da Coruña.
c) Os presidentes dos consellos sociais correspondentes ás universidades galegas:
-Manuela López Besteiro, presidenta do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.
-Emilio Atrio Abad, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.
-José Antonio Quiroga y Piñeyro, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña.
d) Membros elixidos pola Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia:
-Miguel Ángel López López.
-Francisco Vázquez Fernández.
-Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González.
-Lourenzo Fernández Prieto.
-Carlos Pajares Vales.
e) Eugenio Muñoz Camacho, director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
4. Secretario: Ubaldo Rivas Romero, subdirector xeral de Universidades.
A secretaría contará co apoio do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario de Galicia, órgano encargado da garda e custodia da documentación.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria