Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Parcial do Sector R.D. Perbes e Vilanova.

O Pleno da Corporación, na sesión celebrada o día 23 de maio de 2003, aprobou definitivamente o Plan Parcial do Sector Residencial e Deportivo Perbes e Vilanova.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sinalando que contra o acordo de aprobación do plan, que é definitivo na vía administrativa, e de acordo co disposto no artigo 85.9º da Lei 9/2002, en relación cos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do acordo, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que estimen conveniente.

Miño, 1 de xullo de 2003.

Juan A. Maceiras Barros

Alcalde