Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión celebrada o pasado día 2 de setembro de 2003, acordou aprobar definitivamente o convenio urbanístico para o desenvolvemento da unidade de execución integral 16 na rúa Pintor Seijo Rubio e rúa do Rollo por petición de Consega, S.L. En cumprimento do artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente queda exposto ó público no Servicio Urbanismo deste concello por un prazo de 20 días contados desde o seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Betanzos, 11 de setembro de 2003.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde