Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.752

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón orexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Elaborados Metálicos, S.A. Emesa (código convenio 1500482), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-9-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 1-8-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de setembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial de A Coruña

Convenio colectivo

de Elaborados Metálicos, S.A.

2003-2004-2005

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito persoal e territorial.

Este convenio afectará a totalidade do persoal do cadro de Emesa, nos seus centros de traballo do parque empresarial de Coirós (A Coruña) e da rúa Newton, s/n da Coruña, coa excepción do persoal directivo, e coa inclusión dos traballadores desprazados fóra da factoría por circunstancias de traballo.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O convenio colectivo entrará en vigor no momento do seu asinamento polas partes que o subscriben, excepto no concernente ós conceptos de índole salarial e axuda de custos, a vixencia dos cales se retrotrae ó 1 de xaneiro de 2003, manténdose a súa duración ata o 31 de decembro de 2005.

Para o segundo e o terceiro ano de vixencia, as novas táboas salariais aplicaranse desde o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2004 e 2005, respectivamente.

Artigo 3º.-Denuncia e prórroga.

O convenio prorrogarase de ano en ano, de non mediar denuncia expresa de calquera das partes cunha antelación mínima de tres meses á data de expiración da súa vixencia ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

O contido deste convenio forma un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica será considerado globalmente e no seu conxunto e, polo tanto, se a xurisdicción competente, en uso das atribucións que lle confire o artigo 90.5º do Estatuto dos traballadores, modificara en todo ou en parte o seu contido, este quedará invalidado na súa totalidade.

Artigo 5º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións económicas que fosen superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Capítulo II

Emprego e contratación

Artigo 6º.-Ingresos e vacantes.

As vacantes e os postos de nova creación seranlle anunciados ó persoal por medio dos taboleiros de anuncios, con indicación das calidades requiridas e sistema de selección, para que o que se considere apto poida solicitalas e participar nas probas correspondentes.

Exclúense do sinalado no parágrafo anterior os postos de confianza e os mandos superiores, ó xuízo da dirección. O productor que sexa asignado para o novo posto demostrará a súa adaptación a el en calidade de proba, durante un período de tres meses e, en caso de non superala, poderá recupera-lo seu antigo posto de traballo.

No caso de que se teña que contratar persoal do exterior, e entre os solicitantes figure un ou máis orfos, fillos, viúvas/os ou irmáns de traballadores de Emesa, estes terán e por esta orde, preferencia para acceder ó posto de traballo en igualdade de condicións con outros solicitantes.

Dentro da orde de relación anteriormente citada, terán preferencia os que demostren ter responsabilidades familiares e, estando en situación de desemprego, non sexan perceptores da prestación ou o subsidio de desemprego.

Na contratación do persoal afectado polo parágrafo anterior, unha representación do comité de empresa formará parte da comisión de selección.

Poderanse realizar contratos de duración determinada, tal e como se establece na lexislación vixente, coas peculiaridades que sobre a súa propia duración determine en cada momento o convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrxica da Coruña.

Artigo 7º.-Forma do contrato.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo profesional ou a categoría na que queda encadrado o traballador e, en todo caso, o contido mínimo do contrato.

Artigo 8º.-Contrato de formación.

O salario de contratación destes traballadores será igual ó salario mínimo interprofesional máis un 10% para o primeiro ano e o salario mínimo interprofesional máis un 20% para o segundo ano.

Artigo 9º.-Contrato en prácticas.

A empresa poderá concerta-la contratación de traballadores en prácticas, en aplicación do artigo 11 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo,

polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

A retribución do traballador contratado en prácticas será a correspondente ó 85% ou o 95% do salario que figura nas táboas dos anexos correspondentes deste convenio colectivo, durante o primeiro e o segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente.

Artigo 10º.-Período de proba.

O ingreso dos traballadores considerarase feito a título de proba se así consta por escrito. Este período será variable segundo sexan os postos de traballo que se vaian cubrir e que, en ningún caso, poderán exceder do tempo fixado na seguinte escala:

-Persoal titulado: 6 meses.

-Persoal técnico non titulado e administrativo: 2 meses.

-Persoal de oficio: 1 mes.

Artigo 11º.-Baixa voluntaria.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente ó servicio da empresa estarán obrigados a poñelo en coñecemento desta cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

-Persoal titulado: 2 meses.

-Persoal técnico non titulado e administrativo: 1 mes.

-Persoal de oficio: 15 días.

O incumprimento da obriga de avisar coa referida antelación dará dereito á empresa a non efectua-la liquidación do traballador ata o momento habitual do pagamento ós restantes traballadores nos conceptos da liquidación.

No asinamento das liquidacións estará presente un representante sindical por petición do traballador.

Se se avisou coa referida antelación, a empresa estará obrigada a liquidar ó finalizar ese prazo os conceptos fixos que poidan ser calculados no momento. Os restantes conceptos serano no momento habitual do pagamento.

O incumprimento desta obriga imputable á empresa levará aparellado o dereito do traballador a ser indemnizado polo importe do seu salario diario por cada día de atraso na súa liquidación, co límite de duración do propio prazo de aviso previo. Non se dará tal obriga e, por conseguinte, non nace este dereito, se o traballador incumpriu a de avisar coa debida antelación.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 12º.-Organización do traballo.

1. Correspóndelle á dirección da empresa a organización do traballo e a facultade de decisión, de acordo coa normativa vixente.

2. A dirección, logo de informe do comité de empresa e aténdose en todo caso ás esixencias legais, poderá amortiza-los postos de traballo que resultasen vacantes e que se consideren innecesarios.

3. Cando, dentro da xornada laboral, sexa posible realizar asemade ou sucesivamente funcións correspondentes a varios postos de traballo, de igual ou inferior categoría, poderán ser encomendados a un só productor, nas condicións da lexislación vixente.

4. Todo productor deberá ter un rendemento normal no seu posto de traballo. Como principio xeral, enténdese por rendemento normal o definido na lexislación vixente.

Artigo 13º.-Mobilidade do persoal.

Sempre que se produza un exceso de carga de traballo nalgunha sección, a empresa poderá trasladar persoal dunha sección a outra, logo de coñecemento do comité de empresa.

Capítulo IV

Tempo de traballo

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

Cómputo anual en horas efectivas de traballo:

Ano 2003Ano 2004Ano 2005

Persoal obreiro 1.7751.7741.774

Persoal de oficinas 1.7651.7651.765

O persoal de montaxes traballará a xornada partida todo o ano.

O persoal con contrato de traballo a quendas realizaraas todo o ano, de luns a venres.

O resto do persoal de talleres e o persoal administrativo e técnico de oficinas realizará xornada continuada do 1 de xuño ó 30 de setembro, e xornada partida o resto do ano.

Confeccionaranse os calendarios anuais, tendo en conta que as horas estipuladas son de traballo real, que non se traballa os sábados e que as vacacións se repartirán entre o verán e o Nadal.

A quenda de traballo de mañá realízase entre as 7.00 e as 15.00 horas.

A quenda de traballo de tarde realízase entre as 15.00 e as 23.00 horas.

A quenda de traballo de noite realízase entre as 23.00 e as 7.00 horas.

Artigo 15º.-Vacacións.

Todo o persoal, sen distinción de categorías profesionais, terá dereito ó desfrute de 27 días de vacacións no verán, e os días 26, 29 e 30 de decembro para o ano 2003; 26 días no verán e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2004, e 27 días no verán e os días 27, 28 e 29 de decembro de 2005 (como no ano 2005 cadran en sábado os días 24 e 31 de decembro, cámbianse polos días 26 e 30 do mesmo mes).

Se durante o ano natural quedase un traballador en situación de incapacidade temporal (IT) antes das vacacións regulamentarias ou ben iniciado o tempo de desfrute, e ademais esta situación se prolongase durante o tempo de duración destas, poderá desfrutalas unha vez que se encontre en situación de alta, ou ben, ó criterio da dirección e de acordo coas necesidades da sección a que pertenza, poderán acumularse para o ano seguinte. A retribución destes días será a salario real, así como a media obtida polo traballador en primas, traballos tóxicos, penosos ou perigosos dos tres últimos meses traballados con anterioridade ó seu desfrute.

Artigo 16º.-Permiso por trienios.

O persoal que no anterior convenio colectivo de Emesa dos anos 1999/2000 viñese percibindo dous ou máis trienios no concepto salarial de antigüidade, consolidado no convenio colectivo dos anos 2001/2002 como complemento persoal, todo conforme o estipulado no artigo 29.1º do vixente convenio, desfrutará anualmente dun día de permiso retribuído polos dous primeiros trienios, incrementándose un día máis por cada trienio cobrado, ata o tope de sete, sendo de aplicación as seguintes normas:

1. Os tres primeiros días a que se teña dereito serán desfrutados como permiso, avisando cunha semana de antelación, salvo causa excepcional, en que deberá ser autorizado pola dirección da empresa ou o director de producción. Se se desfrutaron, estes días serán retribuídos a salario real.

Cada traballador poderá decidir libremente se, en lugar de desfruta-lo permiso, prefire cobralo, caso no que se lle aboará o importe fixado na columna V.D. + 20% + 22,24 euros (3.700 ptas.) da indicada relación, na nómina do mes ou meses elixidos.

En caso de que a 15 de decembro non fosen desfrutados, nin aboados, nin solicitados, pagaríanse na nómina do dito mes.

2. Os restantes días a que se teña dereito, é dicir, do 4º ó 7º, serán compensados necesariamente ó valor antes citado Valor día + 20% e percibidos xuntamente coa gratificación de setembro.

Artigo 17º.-Días extras non laborables.

Mantéñense como días extras non laborables e con carácter vitalicio os seguintes:

-24 e 31 de decembro.

En caso de que os días 24 e 31 de decembro coincidisen en sábado ou domingo, estes trasladaranse ó luns seguinte, sempre que este non coincida en festivo, ou ós días que decidan conxuntamente o comité e a empresa.

Estes días nunca terán a consideración de vacacións; polo tanto, os que neses días se encontrasen en situación de baixa ou desfrutando vacacións, non terán dereito a ningunha compensación. Estes días serán retribuídos a salario real.

Artigo 18º.-Licencias.

A tódolos traballadores que o soliciten, e logo de xustificación da súa necesidade, seralles concedida licencia polos motivos e períodos seguintes:

a) Por matrimonio.

Quince días naturais no caso de que un dos contraentes sexa o propio traballador.

Dous días en caso de matrimonio dun fillo.

Un día polo matrimonio do irmán do traballador, irmán do cónxuxe, pai ou nai en ámbolos casos.

b) Por parto da esposa.

Cinco días naturais, ampliables con licencia sen soldo, logo de solicitude á empresa, en caso de enfermidade grave ou xustificación desta.

c) Por falecemento.

Tres días naturais en caso de falecemento de cónxuxe, fillos, irmáns e pai ou nai dun ou outro cónxuxe. Dous días por falecemento de tíos, netos, avós, avós políticos, fillos políticos e irmáns políticos do traballador.

d) Por enfermidade grave.

Dous días naturais, en caso de enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pai dun ou outro cónxuxe, e de netos, avós ou irmáns do traballador.

e) Consulta médica.

O tempo necesario para consulta médica do sistema da Seguridade Social segundo a lexislación vixente.

f) Por traslado de domicilio.

Dous días naturais polo traslado do seu domicilio habitual.

g) De carácter público.

O tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, debidamente acreditado. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Estes permisos aboaranse pola suma do salario convenio e, se é o caso, os complementos persoais e complemento de transporte, se se viñesen percibindo.

Tamén terán dereito, aqueles traballadores que o soliciten, a cinco días de licencia sen soldo, por enfermidade ou defunción de familiares da liña ascendente ou descendente, sen limitación, e de colaterais ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Artigo 19º.-Suspensión con reserva de posto de traballo.

Será de aplicación o establecido no número 4º do artigo 48 do Estatuto dos traballadores para as suspensións por nacemento, adopción ou acollemento, e o establecido no número 5º do artigo 48 do ET para as suspensións por risco durante o embarazo.

Cando o período de suspensión coincida co período de vacacións fixado no calendario laboral, garantirase o desfrute da totalidade de ámbolos dereitos.

Artigo 20º.-Reducción da xornada por motivos familiares.

Será de aplicación o establecido no número 5º do artigo 37 do ET, para a reducción da xornada de traballo por razóns de garda legal de coidado directo dalgún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída.

Artigo 21º.-Excedencia por coidado de fillos e familiares.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo contado desde a data de nacemento deste, tanto o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto preadoptivo como permanente, contado desde a data de nacemento deste ou, de se-lo caso, da resolución xudicial ou administrativa, e durante o primeiro ano, o traballador excedente terá dereito á reserva do seu posto de traballo; transcorrido este prazo a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente. Se non existise vacante na súa categoría profesional e si nunha inferior, o excedente poderá ocupar esta praza ata que se produza unha vacante na súa categoría profesional, ou non reingresar ata que se produza tal vacante.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, de se-lo caso, porá fin ó que viñese desfrutando. A excedencia recollida neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se un ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa. Neste suposto, cando a excedencia non sexa superior a un ano, o reingreso será automático.

Nos demais casos aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Excedencia forzosa.

Concederase excedencia forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

Así mesmo, concederáselles excedencia forzosa ós cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal das organizacións sindicais máis representativas.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou función sindical.

Artigo 23º.-Excedencia voluntaria.

Os traballadores con dous anos de servicio na empresa poderán solicita-la excedencia voluntaria por un prazo mínimo de dous anos e non superior a cinco anos, non computándose o tempo que dure a situación para ningún efecto e sen que en ningún caso se poida producir nos contratos de duración determinada. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Capítulo V

Ordenación económica

Artigo 24º.-Percepcións económicas.

As percepcións económicas que percibirá o persoal afectado por este convenio son as recollidas nas táboas que se xuntan como anexos.

Artigo 25º.-Incremento salarial.

Os conceptos salariais vixentes para o ano 2003 son os que se detallan, segundo os diferentes conceptos retributivos, nos respectivos anexos.

Para o ano 2004 acórdase incrementar, desde o día 1 de xaneiro, tódolos conceptos salariais do ano 2003, agás a mellora de pagas extraordinarias, que ten a súa propia regulación, no IPC previsto polo Goberno para ese mesmo ano máis 0,50 puntos.

Para o ano 2005 acórdase incrementar, desde o día 1 de xaneiro, tódolos conceptos salariais do ano 2004, agás a mellora de pagas extraordinarias, que ten a súa propia regulación, no IPC previsto polo Goberno para ese mesmo ano máis 1,50 puntos.

Artigo 26º.-Revisión salarial.

1. Para o primeiro ano de vixencia.

No caso de que o IPC anual para o ano 2003 supere o 2%, efectuarase unha revisión dos conceptos salariais do mesmo ano, excepto a mellora de pagas extraordinarias e a gratificación especial de setembro, no exceso sobre a indicada cifra e aplicado sobre os conceptos salariais a 31-12-2002, non podendo ser absorbido. Os atrasos salariais, de existiren, aboaranse nunha soa paga dentro do primeiro trimestre do ano 2004.

No caso de existir, este novo incremento conformará a base de cálculo para os incrementos do ano 2004.

2. Para o segundo ano de vixencia.

No caso de que o IPC real anual para o ano 2004 supere o IPC previsto polo Goberno para ese mesmo ano, efectuarase unha revisión dos conceptos salariais dese ano, excepto a mellora de pagas extraordinarias, no exceso sobre a indicada cifra e aplicado sobre os conceptos salariais a 31-12-2003, non podendo ser absorbido. Os atrasos salariais, de existiren, aboaranse nunha soa paga dentro do primeiro trimestre do ano 2005.

No caso de existir, este novo invcremento conformará a base de cálculo para os incrementos do ano 2005.

3. Para o terceiro ano de vixencia.

No caso de que o IPC real anual para o ano 2005 supere o IPC previsto polo Goberno para ese mesmo ano, efectuarase unha revisión dos conceptos salariais dese ano, excepto a mellora de pagas extraordinarias, no exceso sobre a indicada cifra e aplicado sobre os conceptos salariais a 31-12-2004, non podendo ser absorbido. Os atrasos salariais, de existiren, aboaranse nunha soa paga dentro do primeiro trimestre do ano 2006.

No caso de existir, este novo incremento conformará a base de cálculo para os incrementos do ano 2006.

Artigo 27º.-Conceptos retributivos.

As condicións salariais que se pactan neste capítulo son o resultado de diferentes medidas tomadas no convenio colectivo de Emesa dos anos 2001/2002, tales como a absorción de diferentes complementos, primas, premios e complementos que se complementa coas necesarias garantías, ó integrarse nuns complementos de carácter estrictamente persoal, que garantiron como mínimo, globalmente e en cómputo anual para cada traballador en activo ó día de entrada en vigor do dito convenio, o salario realmente percibido a nivel individual con anterioridade a esa data.

A remuneración do persoal de Emesa estará integrada polos seguintes conceptos:

1. Salario convenio.

2. Complementos salariais.

a) Persoais.

-Complemento persoal.

-Complemento persoal consolidado.

b) De posto de traballo (artigo 30).

-Complemento por traballos tóxicos, penosos ou perigosos.

-Complemento nocturno.

-Complemento de quendas.

-Complemento de xefe de equipo e de oficial 1ª homologado.

c) Complemento por calidade ou cantidade de traballo.

-Primas e incentivos.

-Horas extraordinarias.

d) De vencemento periódico superior ó mes.

-Paga extraordinaria de verán.

-Paga extraordinaria de Nadal.

-Gratificación especial de setembro.

3. Devengos non salariais.

-Axuda de custos.

Artigo 28º.-Salario convenio.

O seu valor detállase na táboa I anexa e percibirase por mes.

Artigo 29º.-Complementos salariais persoais.

1. Complemento persoal.

O complemento salarial, que ten carácter ad personam, non absorbible nin compensable, resulta da consolidación do extinguido concepto de antigüidade. Este concepto salarial terá o mesmo incremento que se pacte para o resto dos conceptos salariais.

2. Complemento persoal consolidado.

Este concepto retributivo ten carácter ad personam, e refundiuse nel, entre outros, e exclusivamente para o persoal que o viñese percibindo ata a data, o concepto de asignación complementaria (complemento de xefe de equipo e complemento de oficial 1ª homologado, segundo táboa II) e o de asignación especial.

Artigo 30º.-Complementos de posto de traballo.

1º) Complemento de xefe de equipo e de oficial 1ª homologado.

Os traballadores que ocupen postos de traballo de xefe de equipo ou de oficial de 1ª homologado e que non lles sexa de aplicación o artigo 29º.2 do convenio, é dicir, que no complemento persoal consolidado que puidesen percibir non se inclúan os complementos de xefe de equipo ou de oficial de 1ª homologado, percibirán eses complementos nas cantidades consignadas para esas categorías na táboa II, anexa a este convenio.

2º) Complemento por traballos tóxicos, penosos e perigosos.

A excepcional toxicidade, penosidade ou perigosidade dos traballos quedarán normalmente comprendidas na retribución de postos de traballo. Aboaráselle, ó persoal que deba realizar eses labores, un complemento de acordo cos importes detallados na táboa IV.

Se por mellora das instalacións ou procedementos desaparecesen as condicións de penosidade, toxicidade ou perigosidade no traballo, unha vez confirmada a desaparición destas causas pola autoridade competente, deixará de aboarse a citada bonificación, e poderá recorrerse a decisión adoptada de acordo co procedemento legal.

3º) Complemento nocturno.

Os seus importes inclúense na táboa III.

4º) Complemento de quenda.

1. Polas súas especiais características, a realización da quenda de tarde e quenda de noite levará consigo a percepción dun complemento de quenda, nos importes por día efectivo de traballo que se determinan na táboa VI.

2. As quendas de mañá e tarde rotarán cada dúas semanas entre elas.

3. O complemento de quenda percibirase, se procede, nas 12 pagas ordinarias.

Artigo 31º.-Complementos por calidade ou cantidade de traballo.

Primas e incentivos.

A empresa destinará como complemento por calidade ou cantidade de traballo ata unha porcentaxe do 10% do capítulo da marxe funcional da conta de explotación, na cantidade que, unha vez realizada a operación porcentual, supere os 12.020,24 euros (2.000.000 de pesetas).

A marxe funcional da conta de explotación obtense restando da cifra de vendas por execución de obra ou prestación de servicios, os seguintes capítulos de custos:

1. Custo das vendas.

Formado polo custo directo imputado a cada obra ou servicio prestado.

2. Custo do departamento de control de calidade.

3. Custo do departamento de oficina técnica e métodos.

4. Custo do departamento de montaxes.

5. Custo do departamento de mantemento.

6. Custo do departamento de producción (custos indirectos).

7. Custo do departamento comercial.

8. Custos financeiros de capital circulante.

9. Custos de administración e dirección.

10. Custos de servicios xerais e gastos xerais.

11. Custos totais de amortizacións.

12. Importe dos non pagados producidos no ano.

A distribución do importe que resulte de aplica-las magnitudes establecidas anteriormente farase a partes iguais entre o persoal de Elaborados Metálicos, S.A. que estea traballando durante o mes de decembro de cada ano, e en función dos días traballados. A distribución efectuarase unha vez que se pechasen e, de se-lo caso, auditasen as contas do exercicio, sendo as contas que se depositen no Rexistro Mercantil as únicas válidas para efectua-lo cálculo e a distribución do complemento por calidade ou cantidade de traballo. Procurarase aboar este complemento dentro do primeiro trimestre de cada ano, nas datas nas que se viña facendo.

A dirección da empresa informará o comité de empresa dos resultados alcanzados, así como das obras pechadas, ó final de cada trimestre natural.

Artigo 32º.-Horas extraordinarias.

Percibiranse de acordo cos valores figurados na táboa V para cada categoría profesional, aboándose igualmente o complemento penoso, tóxico ou perigoso cando proceda.

A dirección informará mensualmente o comité de empresa sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as súas causas e, se é o caso, a distribución por departamentos.

Será opcional por parte do traballador cobra-las horas extras ou, se é o caso, compensalas cun tempo de descanso, equivalente a 8 horas extras por día e medio libre, que se desfrutará en épocas de falta de traballo, por acordo de ámbalas partes.

Artigo 33º.-Complementos salariais de vencemento superior ó mes.

1. Pagas extraordinarias de verán e Nadal.

Faranse efectivas, respectivamente, o 15 de xullo e o 15 de decembro e comprenderán os seguintes conceptos:

-Salario convenio (30 días).

-Complemento persoal, de se-lo caso (30 días).

-Complemento persoal consolidado, de se-lo caso (30 días).

-Mellora de pagas extraordinarias.

2. Gratificación especial de setembro.

Farase efectiva na primeira quincena de setembro.

Para o primeiro ano de vixencia deste convenio o seu importe será de 375,22 euros.

3. Mellora de pagas extraordinarias.

Con inicio en 1999 e durante os dez anos seguintes, no importe das pagas extraordinarias de verán e Nadal, e baixo o concepto de mellora de pagas extraordinarias, incluirase un importe igual ó 10% da cantidade que baixo o título complemento de transporte mensual aparece recollido na disposición transitoria primeira.

Para o ano 2003 este importe será de 69,64 euros e para os anos 2004 e 2005 será igual ó 10% do importe do complemento transporte mensual que corresponda para cada un deles.

Artigo 34º.-Devengos non salariais.

Axudas de custo de desprazamento.

Os traballadores que, por necesidade da industria e por orde da empresa, teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos a localidades distintas ás de onde radique a empresa, desfrutarán sobre os seus salarios o seguinte tipo de axuda de custo:

-Fóra de Galicia: 41,58 euros/día.

-Galicia, a máis de 60 km: 29,45 euros/día.

-Galicia, entre 12 e 60 km: 17,67 euros/día.

Os días de chegada devengarán idéntica axuda de custo cós de saída.

-Desde límite municipal ata 12 km: 11,29 euros/día.

(Distancia para contar desde a factoría).

Dentro do municipio de Coirós, soamente será por conta da empresa o traslado ó comedor de Emesa e ó seu domicilio. Cando existan serias dificultades para o traslado na hora da comida, o tempo utilizado será considerado xornada de traballo.

Cando un productor sexa trasladado a unha montaxe, a empresa aboaralle un anticipo parcial á conta das axudas de custo ou dos gastos, que se regularizará no momento do seu pagamento.

A empresa sufragará os gastos de desprazamento de calquera traballador para levalos e traelos a comer ó lugar máis próximo ó punto de traballo, en tódalas obras que o requiran, e os de traslado ó seu domicilio nas obras en que se perciba media axuda de custo e as que se encontren dentro do termo municipal.

Se, por circunstancias especiais, os gastos orixinados pola estadía nas obras superan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, logo do coñecemento desta e posterior xustificación de calquera traballador.

Calquera traballador que vaia ser desprazado a unha obra deberá ter coñecemento disto, por escrito, cunha antelación mínima de 48 horas. Se, por circunstancias especiais e debidamente xustificadas, desexa ser trasladado dunha obra á factoría, deberá solicitalo do xefe de sección ou departamento, quen poderá autorizar este traslado, ben definitivamente ben por un período de tempo determinado, a teor das circunstancias.

O persoal desprazado a obras de montaxe a máis de 300 km do parque empresarial de Coirós terá dereito ó desfrute de dous días de permiso, retribuídos a salario real, por cada 30 días naturais, que se desfrutarán cada dous meses ou máis, dentro de cada ano natural, sendo por conta da empresa os gastos de viaxe de ida e volta.

O encargado de cada obra disporá dunha conta aberta no banco máis próximo, onde a empresa xirará, para a súa distribución, o efectivo necesario para o pagamento das hospedaxes e dos desprazamentos.

Tempo de incorporación a unha obra.

O tempo de que dispón calquera productor para incorporación a unha obra avaliarase de dúas maneiras distintas: se o transporte é público, o tempo real deste transporte xustificarase mediante o billete. Se o transporte é particular, o tempo de viaxe calcularase tendo en conta unha velocidade media de 70 km/hora. En ámbolos casos se lle engadirán dúas horas para xestión de aloxamento, cando o productor non veña pernoitar ó seu domicilio.

Capítulo VI

Disposicións varias

Artigo 35º.-Premio de iniciativas e suxestións.

Para contribuír a un maior clima de colaboración, entregaranse anualmente un premio de 240,40 euros e dous de 120,20 euros cada un, que se lles concederán, logo de informe do comité de empresa, ós traballadores que acheguen mellores ideas sobre a

economía nos procesos de fabricación, aproveitamento de materias primas, seguridade dos traballadores ou calquera xestión que incida especialmente nunha mellora da productividade, quedando excluído o persoal técnico. O premio poderá declaralo deserto a dirección se as ideas achegadas non son aplicables nos procesos productivos da factoría ou non alcanzan un nivel mínimo esixible.

Artigo 36º.-Axuda a diminuídos físicos e psíquicos.

En concepto de axuda a diminuídos físicos e psíquicos aboarase a cantidade de 195,59 euros mensuais por cada fillo que estea recoñecido legalmente como tal e vivindo a cargo do empregado.

Artigo 37º.-Premios de nupcialidade e natalidade.

En concepto de premio de nupcialidade ou premio de natalidade aboarase a cantidade de 65,28 euros por matrimonio e 39,17 euros por cada fillo acabado de nacer.

Artigo 38º.-Seguro colectivo.

Emesa subscribirá unha póliza colectiva de seguro de accidentes que cubra os riscos de falecemento ou incapacidade permanente total ou absoluta, cunha cobertura individual de 36.061 euros. Ademais, subscribirase outra póliza de vida por morte natural de 6.010,12 euros e dobre capital en caso de accidente, exclusivamente para o persoal fixo do cadro.

Artigo 39º.-Cociña-comedor.

Será por conta da empresa o custo da cociña-comedor. O valor económico de cada comida dividirase en dúas partes iguais, unha das cales será por conta do comensal e a outra por conta da empresa. Terán dereito a cociña-comedor os traballadores de xornada partida e os da quenda de mañá e tarde.

Elaborarase un prego de condicións de forma que anualmente saia a concurso a adxudicación deste servicio.

Artigo 40º.-Préstamos.

A asignación por este concepto será de 18.030,36 euros para a concesión de préstamos ó persoal reintegrables sen xuros. Estes préstamos concederanse, xustificando a súa necesidade, por proposta do comité de empresa, nunha contía máxima de ata 1.803 euros por traballador, e o seu período de amortización será de ata un máximo de 24 mensualidades. En caso de persoal eventual, a concesión queda a criterio da dirección, que valorará a duración e o tipo de contrato para efectos de asegura-lo reintegro da cantidade.

Artigo 41º.-Fondos de atencións sociais.

A empresa asumirá, nas condicións e contías que se fixen, os pagamentos que figuran neste capítulo, nos artigos 36º, 37º e 39º.

As bolsas de estudios medios e superiores serán sufragadas pola empresa na contía de ata 3.906,58 euros anuais e concedidas por unha representación

mixta, de acordo cun regulamento existente que, logo de acordo desta comisión, poderá ser modificado.

Artigo 42º.-Complemento á prestación de incapacidade temporal.

Os traballadores que perciban a prestación de incapacidade temporal por enfermidade común ou accidente non laboral terán dereito ó cobramento dun complemento de ata o 100% das súas retribucións netas de carácter fixo, mentres dure a causa que motivou tal incapacidade, sempre que a media do absentismo do cadro de persoal durante o período dos últimos tres meses non supere o 5%.

Exceptúase do recollido no parágrafo anterior o persoal que non acredite un tempo de traballo efectivo na empresa superior a doce meses ininterrompidos ou vintecatro meses acumulados nos últimos cinco anos, computados ambos desde a entrada en vigor deste convenio colectivo.

Os traballadores que acrediten un tempo de traballo superior a tres anos dentro dos cinco últimos terán dereito ó recollido no parágrafo primeiro deste artigo.

Os traballadores en situación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo terán dereito, en todo caso, á percepción dun complemento de ata o 100% das súas retribucións de carácter fixo mentres dure a causa que motivou esta incapacidade.

A empresa poderá establece-los sistemas de control de saúde do traballador de conformidade co establecido e cos efectos previstos no artigo 20.4º do ET.

Capítulo VII

Seguridade e saúde laboral

Artigo 43º.-Principios xerais.

As partes asinantes deste convenio desenvolverán as accións e medidas en cantas materias afecten a seguridade e saúde laboral no traballo. Serán de aplicación as disposicións contidas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e os regulamentos de desenvolvemento que as acompañan.

Tódolos integrantes da empresa son obxecto e suxeito da saúde laboral e a seguridade, e deben asumir, na medida que a cada un lle compete, os dereitos e obrigas que require, entendendo que esta é esencialmente preventiva máis que correctiva.

A saúde laboral considérase como parte integrante do proceso productivo ó mesmo nivel que a producción e a calidade, e a súa planificación, coordinación e control establécense como un elemento máis das reunións de traballo ou a tarefa que se vaia realizar.

Artigo 44º.-Comité de seguridade e saúde.

O comité de seguridade e saúde consultará de forma regular e periódica as actuacións preventivas da empresa, reuníndose mensualmente ou cando o solicite algunha das dúas partes que o compoñen.

O comité dotarase das súas propias normas de funcionamento.

Ó comité de seguridade e saúde atribúenselle as seguintes funcións e facultades:

-Participar na elaboración, desenvolvemento e aprobación do Plan de prevención.

-Discutir, antes da súa posta en práctica, os proxectos en materia de organización do traballo e introducción de novas tecnoloxías, no referente á súa incidencia na prevención de riscos.

-Promove-las iniciativas de prevención e mellora das condicións de traballo.

-Informa-la memoria e a programación anual dos servicios de prevención.

-Visita-lo centro de traballo para coñecer directamente a situación relativa á prevención de riscos.

-Acceder a toda a información e documentación necesaria para o desenvolvemento das súas funcións.

-Analiza-los danos á saúde co fin de valora-las súas causas e propor medidas preventivas.

Os delegados de prevención poden solicitar que técnicos da súa confianza alleos á empresa, outros delegados sindicais ou traballadores con especial cualificación ou información participen con voz e sen voto nas reunións do comité de seguridade e saúde.

Impartiranse cursos de formación para o persoal dentro da xornada de traballo e especialmente naquelas épocas de pouca actividade productiva.

Artigo 45º.-Roupa de traballo.

A empresa proporcionaralle ó persoal tódolos elementos de protección e roupa de traballo que determinen o Regulamento de seguridade e hixiene no traballo e as normas de calidade, cunha periodicidade de doce meses.

Ó ingresar na empresa proporcionaranse dous xogos de roupa de traballo, e outro cada seis meses consecutivos, e esta roupa deberá te-las iniciais ou o indicativo da empresa.

Ó persoal que por necesidade do seu posto de traballo requira outro tipo de roupa facilitaráselle a adecuada, e a súa reposición estará en función do uso.

Capítulo VIII

Código de conducta

Artigo 46º.-Concepto de infracción e facultade disciplinaria.

Este código de conducta laboral ten por obxecto o mantemento dun ambiente laboral respectuoso coa normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e lexítimos intereses de traballadores e empresarios.

A dirección da empresa poderá sanciona-las accións ou omisións dos traballadores que supoñan un incumprimento contractual dos seus deberes laborais, de acordo coa gradación de faltas que se establece nos artigos seguintes.

Correspóndelle á empresa, en uso da facultade de dirección, impor sancións nos termos estipulados neste capítulo.

A sanción das faltas requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron. Ó mesmo tempo, a empresa dará conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción por falta grave ou moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o seu cumprimento temporal poderase dilatar ata sesenta días despois da data da súa imposición.

Artigo 47º.-Gradación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador se cualificará en atención á súa importancia, transcendencia ou intención, en leve, grave ou moi grave.

Artigo 48º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

1. A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo de ata tres ocasións nun período dun mes.

2. A inasistencia inxustificada dun día ó traballo no período dun mes.

3. Non notificar con carácter previo ou, de se-lo caso, dentro das vintecatro horas seguintes, a inasistencia ó traballo, salvo que se probe a imposibilidade de facelo.

4. O abandono do servicio ou do posto de traballo sen causa xustificada por períodos breves de tempo se, como consecuencia disto, se ocasionase prexuízo dalgunha consideración nas persoas ou nas cousas.

5. As deterioracións leves na conservación ou no mantemento dos equipos e material de traballo dos que se fose responsable.

6. A desatención ou falta de corrección no trato cos clientes ou provedores da empresa.

7. Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio, sempre que estes poidan ocasionar algún tipo de conflicto ou prexuízo ós seus compañeiros ou á empresa.

8. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia do traballador que teñan incidencia na Seguridade Social ou na Administración tributaria.

9. Todas aquelas faltas que supoñan incumprimento de prescricións, ordes ou mandatos dun superior no exercicio regular das súas funcións, que non comporten prexuízos ou riscos para as persoas ou as cousas.

10. A inasistencia ós cursos de formación teórica ou práctica, dentro da xornada ordinaria de traballo, sen a debida xustificación.

11. Discutir cos compañeiros, cos clientes ou cos provedores dentro da xornada de traballo.

12. A embriaguez ou o consumo de drogas non habitual no traballo.

Artigo 49º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

1. A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de tres ocasións no período dun mes.

2. A inasistencia non xustificada ó traballo de dous a catro días, durante o período dun mes. Bastará unha soa falta ó traballo cando esta afectase a substitución dun compañeiro ou se, como consecuencia da inasistencia, se ocasionase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

3. O falseamento ou omisión maliciosa dos datos que tivesen incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

4. Entregarse a xogos ou distraccións de calquera índole durante a xornada de traballo de maneira reiterada e causando con iso un prexuízo ó desenvolvemento laboral.

5. A desobediencia ás ordes ou ós mandatos das persoas das que se depende organicamente no exercicio regular das súas funcións, sempre que isto ocasione ou teña unha transcendencia grave para as persoas ou as cousas.

6. A falta de aseo e limpeza persoal que produza queixas xustificadas dos compañeiros de traballo e sempre que previamente mediase a oportuna advertencia por parte da empresa.

7. Suplantar outro traballador, alterando os rexistros e controis de entrada ou saída ó traballo.

8. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha deste, sempre que diso non se derive prexuízo grave para as persoas ou as cousas.

9. A realización, sen previo consentimento da empresa, de traballos particulares durante a xornada de traballo, así como o emprego para usos propios ou alleos dos útiles, ferramentas, maquinaria ou vehículos da empresa, mesmo fóra da xornada de traballo.

10. A reincidencia na comisión de falta leve (excluída a falta de puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediando sanción.

11. Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores que se manifeste en ofensas verbais ou físicas, falta de respecto á intimidade ou á dignidade das persoas.

12. A embriaguez ou o consumo de drogas non habituais, se repercute negativamente no traballo ou constitúe un prexuízo ou perigo no nivel de pro

tección da seguridade e saúde dos traballadores no traballo.

Artigo 50º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

1. A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de dez ocasións durante o período de seis meses ou ben máis de vinte no ano.

2. A inasistencia ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

3. A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo en calquera outro lugar.

4. A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase que existe infracción laboral cando, encontrándose de baixa o traballador por calquera das causas sinaladas, realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén terá a consideración de falta moi grave toda manipulación efectuada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

5. O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada mesmo por breve tempo, se a consecuencia disto se ocasionase un prexuízo considerable á empresa ou ós compañeiros de traballo, puxese en perigo a seguridade ou fose causa de accidente.

6. O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada confidencialidade da empresa.

7. A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

8. A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal ou pactado.

9. Os malos tratos de palabra ou obra, a falta de respecto e consideración ós superiores ou ós familiares destes, así como ós compañeiros de traballo, provedores e clientes da empresa.

10. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que as faltas se cometan no período de dous meses e fosen obxecto de sanción.

11. A desobediencia ás ordes ou mandatos dos superiores en calquera materia de traballo, se implicase prexuízo notorio para a empresa ou para os compañeiros de traballo, salvo que sexan debidos ó abuso de autoridade, de directivos, xefes ou mandos intermedios, con infracción manifesta e deliberada ós preceptos legais, e con prexuízo para o traballador.

12. Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral, ou se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

Artigo 51º.-Sancións.

As sancións máximas que se poderán impor pola comisión das faltas sinaladas son as seguintes:

1. Por faltas leves: amoestación por escrito.

2. Por faltas graves:

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

3. Por faltas moi graves:

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días.

Despedimento.

Artigo 52º.-Prescrición.

Dependendo da súa gradación, as faltas prescriben ós seguintes días:

1. Faltas leves: dez días.

2. Faltas graves: vinte días.

3. Faltas moi graves: sesenta días.

A prescrición das faltas sinaladas empezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se teren cometido.

Capítulo IX

Representación colectiva

Artigo 53º.-Órgano de representatividade.

O comité de empresa, como órgano representativo unitario dos traballadores da empresa, ten como fundamental función a defensa dos intereses dos seus representados, así como a negociación e representación dos traballadores ante a empresa.

En toda negociación poderán estar asistidos polos seus asesores laborais e sindicais.

Artigo 54º.-Asembleas.

A empresa autorizará a realización de asembleas dentro do recinto da factoría, fóra de horas de traballo, limitadas ós traballadores de Emesa, con presencia se for necesario dos representantes das centrais sindicais. A súa realización comunicaráselle á dirección cunha antelación mínima de vintecatro horas laborables, xuntada, pola súa vez, a orde do día correspondente, así como o lugar da factoría no que se levará a cabo.

Artigo 55º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

Os representantes dos traballadores, membros do comité de empresa, terán dereito a utilizar un máximo de trinta horas mensuais por cada un deles e remunerables a salario real, para actividades sindicais de toda índole, podendo ser estas horas acumulables duns ós outros. Terán os seguintes dereitos:

Respecta-la Lei orgánica de liberdade sindical e as disposicións do Estatuto dos traballadores que conforman os dereitos sindicais, sendo recoñecidos os seguintes:

a) Utilizar un taboleiro de anuncios ou os da propia empresa para inserir todo tipo de notas de carácter exclusivamente laboral ou sindical, debendo entregar previamente unha copia á dirección da empresa.

b) A que sexan facilitados locais de reunión.

c) A que, con carácter previo a calquera medida disciplinaria na súa contra, se lle notifique tal medida con tres días laborables de antelación ó comité de empresa.

d) A empresa descontaralle a cada traballador afiliado sindicalmente as cotas mensuais dos distintos sindicatos, segundo as listas entregadas polos representantes dos traballadores.

e) Quedan recoñecidas as seccións sindicais de Emesa que se adaptarán á Lei orgánica de liberdade sindical, recoñecéndoselles así mesmo as garantías ós delegados sindicais contidas nesa lei. Poderán utilizar ata un máximo de vinte horas mensuais para o exercicio da súa actividade sindical, retribuídas a salario real.

Capítulo X

Outras disposicións

Artigo 56º.-Comisión mixta ou paritaria.

A comisión mixta ou paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento deste convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ámbalas partes de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa no convenio colectivo, con independencia das atribucións que, por norma legal, lles poidan corresponder ós órganos competentes.

4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

As resolucións ou os acordos adoptados por unanimidade pola comisión mixta terán carácter vinculante.

En caso de dúbida ou discrepancia, a comisión elevará consulta á autoridade laboral competente.

Artigo 57º.-Composición e funcionamento da comisión mixta ou paritaria.

A comisión mixta estará composta por un presidente, elixido entre as partes, que terá voz pero non voto, e de dez vocais, cinco pola empresa e cinco polos traballadores; estes últimos deberán pertencer ó comité de empresa.

A comisión, en primeira convocatoria, non poderá constituírse sen a presencia de tódolos vocais, previamente convocados, e en segunda convocatoria,

ó seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente o número paritario de vocais presentes.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de acordo sobre o lugar, día e hora en que se deberá realiza-la reunión.

Ámbalas partes conveñen en someterlle á comisión mixta cantas dúbidas, discrepancias e conflictos se puidesen producir como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 58º.-Absorción.

As disposicións de calquera orixe que poidan implicar variación económica en todos ou algúns dos conceptos retributivos ou pactados, unicamente terán eficacia práctica se, unidas á valoración mínima de tódolos conceptos segundo establecen as vixentes disposicións, superasen o nivel total de convenio. En caso contrario consideraranse absorbidas polas melloras establecidas nel.

Artigo 59º.-Lexislación complementaria.

En todo o non pactado expresamente neste convenio observarase o que dispoña en cada materia o Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Disposicións transitorias

Primeira.-Por aplicación e desenvolvemento do artigo 27º deste convenio colectivo, e como garantía de dereitos adquiridos, o persoal ó que lle fose de aplicación efectiva, con anterioridade ó día 1 de xaneiro do ano 2001, o convenio colectivo de Elaborados Metálicos, S.A. correspondente ós anos 1999 e 2000, conservará como compoñente da súa retribución, ademais dos conceptos retributivos sinalados no citado artigo, os seguintes:

-Complemento de transporte.

Distribuirase entre os días laborables do mes correspondente percibirase, en concepto de complemento de transporte, unha cantidade que para o ano 2003 non poderá supera-los 151,37 euros mensuais, o que representa o 100% dese complemento.

Excepcionalmente, e en razón da nova ordenación salarial que se implantou na data de entrada en vigor do anterior convenio, a tódolos traballadores ós que se lles fixou un novo salario de convenio, superior en todo caso ó antigo salario base, absorbénselles, nese salario de convenio, parte do complemento de transporte.

-Complemento de distancia.

Aboarase de acordo coas disposicións legais, por importe de 0,12 euros/quilómetro.

Segunda.-Por aplicación e desenvolvemento do artigo 27º deste convenio colectivo, e como garantía de dereitos adquiridos, o persoal ó que lle fose de aplicación efectiva, con anterioridade ó día 1 de

xaneiro do ano 2001, o convenio colectivo de Elaborados Metálicos, S.A. correspondente ós anos 1999 e 2000, conservará como compoñente da súa retribución, ademais dos conceptos sinalados no citado artigo deste convenio colectivo, o seguinte:

Sen menoscabo da aplicación do artigo 30.2º deste convenio colectivo, conservará o dereito a cobra-lo complemento penoso e tóxico, e se pertence a montaxes, o complemento perigoso e penoso.

Terceira.-Por aplicación e desenvolvemento do artigo 27º deste convenio colectivo, e como garantía de dereitos adquiridos, o persoal ó que lle fose de aplicación efectiva, con anterioridade ó día 1 de xaneiro do ano 2001, o convenio colectivo de Elaborados Metálicos, S.A. correspondente ós anos 1999 e 2000, percibirá en concepto de premio e en compensación da supresión dos antigos premio de seguridade e premio de puntualidade e asistencia, a cantidade de 24,04 euros, coa gratificación de setembro.

Cuarta.-Por aplicación e desenvolvemento do artigo 27º deste convenio colectivo, e como garantía de dereitos adquiridos, o persoal ó que lle fose de aplicación efectiva, con anterioridade ó día 1 de xaneiro do ano 2001, o convenio colectivo de Elaborados Metálicos, S.A. correspondente ós anos 1999 e 2000, conservará o dereito a que o 70% do custo de cada comida sexa soportado pola empresa e o 30% dese custo polo propio comensal.

Quinta.-Por aplicación e desenvolvemento do artigo 27º deste convenio colectivo, e como garantía de dereitos adquiridos, o persoal ó que lle fose de aplicación efectiva, con anterioridade ó día 1 de xaneiro do ano 2001, o convenio colectivo de Elaborados Metálicos, S.A. correspondente ós anos 1999 e 2000, percibirá en concepto de prima, e en compensación de mínimos por complementos de calidade ou cantidade de traballo, a cantidade de 120,20 euros/ano, coa gratificación especial de setembro.

Sexta.-O persoal ó que lle fose de aplicación efectiva, con anterioridade ó 1 de xaneiro de 2001, o convenio colectivo de Elaborados Metálicos, S.A., correspondente ós anos 1999 e 2000, manterá os dereitos económicos e conceptos retributivos que se especifican en todas e cada unha das cinco disposicións transitorias anteriores, nos termos nelas previstos, ata a finalización da súa relación laboral coa empresa, coas revisións e actualizacións que correspondan en función dos convenios colectivos que sucesivamente se subscriban, garantía que se establece con independencia da xa recoñecida polo artigo 5 do convenio colectivo.

Emesa-Convenio 2003

Incremento 3,0% (IPC prev. + 1,0)

Ano 2003

Táboa I

Salario convenio e complemento persoal

Categoría

Valor mes

Complemento

persoal

valor/mes/trienio

Enxeñeiros e licenciados1.388,0023,30
Enxeñeiros técnicos/dipl. universitarios1.257,8319,71
Axudante de enxeñeiro1.140,7519,16
Xefe de taller1.140,7518,32
Xefe de quenda ou sector1.119,7618,32
Mestre de taller1.062,5017,32
Delineante proxectista1.104,1118,03
Delineante de 1ª1.030,7517,19
Delineante de 2ª971,0316,74
Auxiliar oficina técnica935,1016,16
Xefe organización de 1ª1.104,1118,32
Xefe organización de 2ª1.092,3717,88
Técnico organización de 1ª1.030,7517,19
Técnico organización de 2ª971,0316,74
Auxiliar organización935,1016,16
Xefe 1ª administración1.140,7518,41
Xefe 2ª administración1.119,7417,88
Oficial 1ª administración1.024,1917,19
Oficial 2ª administración980,5216,74
Auxiliar administración926,2516,16
Chofer camión959,6916,50
Xefe de equipo964,7116,72
Oficial 1ª homologado964,7116,72
Oficial 1ª964,7116,72
Oficial 2ª945,4016,52
Oficial 3ª922,7716,52
Especialista918,0116,52

Táboa II

Asignación complementaria

Complemento xefe de equipo e oficial 1ª homologado

CategoríaValor día

Xefe de equipo1,98
Oficial 1ª homologado0,99

Táboa III

Complemento nocturno

CategoríaValor día

Xefe de equipo3,50
Oficial 1ª homologado3,50
Oficial 1ª3,50
Oficial 2ª3,43
Oficial 3ª3,42
Especialista3,40
Chofer camión3,50

Complemento de transporte mensual151,37

(Exentos de cotización: 86,69 euros/mes)

Gratificación especial de setembro375,22

Táboa IV

Complemento por traballos tóxicos, penosos e perigosos

Categoría

S/CP

V/día

CP 1T

V/día

CP 2T

C/día

CP 3T

V/día

CP 4T

V/día

CP 5T

V/día

CP 6T

V/día

CP 7T

V/día

CP 8T

V/día

Xefe de equipo, oficial 1ª homol., ofic. 1ª1,821,982,102,262,402,522,672,802,94
Oficial 2ª1,801,962,092,242,372,502,652,782,91
Oficial 3ª e especialista1,791,952,062,202,342,472,632,732,85

Categoría

S/CP

V/día

CP 1T

V/día

CP 2T

C/día

CP 3T

V/día

CP 4T

V/día

CP 5T

V/día

CP 6T

V/día

CP 7T

V/día

CP 8T

V/día

Xefe de sector2,062,212,372,502,672,812,963,123,27
Mestre 1ª e 2ª1,952,082,222,382,502,672,802,953,08

* Naqueles supostos nos que singularmente concorresen de modo manifesto a exepcional penosidade, a toxicidade e a marcada perigosidade superior ó risco normal da industria, estes valores terán un incremento do 25%, se concorresen dúas circunstancias das sinaladas, e dun 30% se fosen tres.

Táboa V

Horas extraordinarias

Categoría

H. extras

laborables

H. extras

festivos

Xefe de equipo10,7614,09
Oficial 1ª homologado9,7213,01
Oficial 1ª9,7213,01
Oficial 2ª8,7711,64
Oficial 3ª7,8210,24
Especialista6,789,18
Chofer camión9,7113,01
Xefe 2ª administración9,7113,01
Oficial 1ª administración9,7113,01
Oficial 2ª administración8,7711,64
Auxiliar administración7,8210,24
Xefe de quenda ou sector10,7614,09
Mestre de taller10,7614,09
Delineante proxectista10,7614,09
Delineante de 1ª9,7113,01
Delineante de 2ª8,7711,29
Auxiliar oficina técnica7,8210,24
Axudante de enxeñeiro9,2712,68
Técnico organización de 1ª9,7113,01
Técnico organización de 2ª8,7711,29
Auxiliar organización7,8210,24
Xefe organización de 1ª10,7614,09
Xefe organización de 2ª10,7614,09

Táboa VI

Complemento de quenda

CategoríaValor día

Quenda de tarde2,96
Quenda de noite7,81

Axudas de custo e desprazamentos

Fóra de Galicia 41,58

Galicia, a máis de 60 km29,45

Galicia, entre 12 e 60 km17,67

Media axuda de custos (desde límite municipal ata 12 km)11,29

(Distancia para contar desde a factoría).