Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003 pola que se convoca un curso sobre fotografía de laboratorio e fotografía dixital.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar

no ano 2003, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso sobre fotografía de laboratorio e fotografía dixital, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Dota-los membros dos corpos de seguridade dos coñecementos fundamentais para levar a cabo as tarefas máis importantes no campo da fotografía policial en branco e negro, nas facetas de reportaxe e de laboratorio; e no campo da fotografía dixital aplicada á función policial, especialmente ós atestados por accidentes de tráfico.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de Policía Local de Galicia e membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e no caso de quedaren prazas vacantes ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Os participantes deberán posuír necesariamente coñecementos de informática a nivel usuario.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

20.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 4 de novembro de 2003, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase durante os seguintes días: 11, 13, 18 e 20 de novembro de 2003.

O horario será de 10.00 a 14.00 h e de 15.30 a 19.00 horas.

Contido.

* Fotografía en blanco e negro.

-Teoría da luz, material sensible e cámaras.

-Prácticas de reportaxe.

-Prácticas de laboratorio.

* Fotografía dixital.

-As cámaras dixitais: manexo e posibilidades.

-O tratamento de imaxes.

-A súa crecente utilización na operativa policial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o mesmo día 7 de novembro a partir das 14 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade,

ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el e que superen as correspondentes probas de coñecementos. En caso contrario entregarase só certificado de asistencia.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 6 de outubro de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade