Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.751

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión das táboas salariais do ano 2001 do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de elaboración de pastelería, confeitería e repostería da provincia de Lugo.

Visto o acordo para a revisión das táboas salariais do ano 2001 do convenio colectivo para o sector de elaboración de pastelería, confeitería e repostería da provincia de Lugo (código número 2700215), asi

nado o día 29 de xullo de 2003, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Confitería e Pastelería de Lugo e das centrais sindicais UGT (75%), CC.OO. (25%), CIG e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 20 de agosto de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Revisión do convenio colectivo para o sector

de elaboración de pastelería, confeitería

e repostería da provincia de Lugo

Acta

Asistentes:

* Pola parte empresarial:

-Asociación Provincial de Empresarios de Confitería y Pastelería de Lugo.

Antonio José López Lorenzo.

Marcelino González González.

José Ramón Rodríguez Vázquez.

Manuel Martínez Expósito.

Miguel Ángel Martín López.

* Pola parte sindical:

-UGT (75%).

Fernando Teijeiro Valledor.

Ignacio Méndez Gallego.

-CC.OO. (25%).

Anselmo Sampedro Ania.

-CIG.

Carmen Antas Pérez.

En Lugo, ás 17.00 horas do día 29 de xullo de 2003, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo provincial para a elaboración de pastelería, confeitería e repostería de Lugo, con vixencia desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 2001, adoptándose despois de amplos debates, os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-las táboas salariais revisadas para o ano 2001 do convenio colectivo provincial

para a elaboración de pastelería, confeitería e repostería de Lugo, segundo o disposto no párrafo final do artigo 7 do convenio.

Segundo.-Remiti-las táboas do convenio aprobadas, xunto coa presente acta, á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, e en proba de conformidade asinan os indicados á marxe na presente acta, no lugar e data sinalados no encabezamento.

Asdo.: Antonio J. López Lorenzo.

Asdo.: Marcelino González González.

Asdo.: José R. Rodríguez Vázquez.

Asdo.: Manuel Martínez Expósito.

Asdo.: Miguel A. Martín López.

Asdo.: Fernando Teijeiro Valledor.

Asdo.: Ignacio Méndez Gallego.

Asdo.: Anselmo Sampedro Ania.

Asdo.: Carmen Antas Pérez.

ANEXO

Convenio de pastelería, confeitería e repostería de Lugo

Táboa salarial revisada 2001

(Vixencia desde o 1-1-2002 ó 31-12-2001)

Categoría profesionalSoldoRetribución anual

Encargado xeral749,5811.243,70

Mestre obrador718,9210.783,80

Oficial de 1ª667,0210.005,30

Oficial de 2ª621,589.323,70

Axudante576,428.646,30

Aprendiz de 16 a 18 anosSMI vixente

Limpiador (pesetas/hora)2,13