Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.750

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión das táboas salariais para o ano 2002 do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo.

Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o ano 2002 do convenio colectivo para o sector de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo (código número 2700505), asinado o día 30 de xuño de 2003, pola representación da Asociación de Transportes Discrecionales de Mercancías por Carretera (Tradime), Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Fraccionada, Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Completa e das centrais sindicais UGT (40%), CC.OO. (37,1%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 29 de xullo de 2003.

P.A. (artigo 10.3.1, Decreto 212/2003, do 3 de abril)

Alberto José López Díaz

Secretario provincial de Lugo

Revisión do convenio colectivo para o sector

de transporte de mercadorías por estrada

da provincia de Lugo

Acta

Asistentes:

* Pola parte empresarial:

-Asociación de Transportes Discrecionales de Mercancías por Carretera (Tradime).

Carmen Castelao Muiña.

Alfonso Parga López.

José Manuel Flores Castro.

-Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Fraccionada.

José Antonio Orozco Fernández.

-Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Completa.

José Manuel Alonso Castro.

* Pola parte sindical:

-UGT (40%).

Eladio Antonio Romero Ares.

Ana Núñez Sanjurjo.

Manuel Regueiro Blanco.

-CC.OO. (37,1%).

Plácido López Cabo.

José Lorigados Eiras.

Ramiro Otero Rodríguez.

En Lugo, ás 17.00 horas do día 30 de xuño de 2003, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2002, co obxecto de proceder á revisión das táboas salariais do ano 2002, de conformidade co disposto no artigo 14.2º B) do convenio.

Adóptanse, logo dos debates correspondentes, os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-las táboas salariais revisadas para o ano 2002 do convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada da provincia de Lugo.

Segundo.-Remiti-las táboas do convenio aprobadas, xunto coa presente acta, á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, e en proba de conformidade asinan os á marxe indicados esta acta, en lugar e data sinalados no encabezamento.

Fdo.: Carmen Castelao Muiña.

Asdo.: Alfonso Parga López.

Asdo.: José Manuel Flores Castro.

Asdo.: José A. Orozco Fernández.

Asdo.: José M. Alonso Castro.

Asdo.: Eladio A. Romero Ares.

Asdo.: Ana Núñez Sanjurjo.

Asdo.: Manuel Regueiro Blanco.

Asdo.: Plácido López Cabo.

Asdo.: José Lorigados Eiras.

Asdo.: Ramiro Otero Rodríguez.

ANEXO

Táboa salarial revisada do convenio de transporte de mercadorías por estrada

(Vixencia: 1-1-2002 ó 31-12-2002)

Categoría profesionalSoldo

base

Complemento convenioRetribuc. anual

* Grupo 1. Persoal técnico superior.
-Subgrupo A:
Xefe de servicio918,8878,9814.730,96
Inspector principal819,9578,9813.247,01
-Subgrupo B:
Enxeñeiro e licenciado815,9478,9813.186,86
Enxeñeiro técnico e auxiliar titulado683,1078,9811.194,26
Axudante técnico sanitario634,2978,9810.462,11

Categoría profesionalSoldo

base

Complemento convenioRetribuc. anual

* Grupo 2. Persoal administrativo.
Xefe de sección703,5578,9811.501,01
Xefe de negociado663,2078,9810.895,76
Oficial de 1ª621,9578,9810.277,01
Oficial de 2ª604,4078,9810.013,76
Auxiliar administrativo604,4078,9810.013,76
-Sección 2ª. Persoal de axencias de transporte:
Encargado xeral725,0378,9811.823,21
Encargado de almacén697,5678,9811.411,16
Capataz670,1078,9810.999,26
Auxiliar de almacén e báscula604,4078,9810.013,76
Mozo especializado (día)20,1778,9810.125,11
Mozo carga e descarga e reparto (día)20,1778,9810.125,11
-Subgrupo B. Transporte de mercadorías:
Xefe de tráfico de 1ª725,0378,9811.823,21
Xefe de tráfico de 2ª697,5678,9811.411,16
Xefe de tráfico de 3ª670,1078,9810.999,26
Conductor mecánico (día)21,6978,9810.816,71
Conductor (día)21,1378,9810.561,91
Conductor motocicleta e furgoneta (día)20,5278,9810.284,36
Axudante (día)20,1778,9810.125,11
Mozo especializado (día)20,1778,9810.125,11
Mozo (día)20,1778,9810.125,11
-Sección 1ª. Grupo E: garaxes e aparcamentos:
Encargado xeral de 1ª725,0378,9811.823,21
Encargado xeral de 2ª697,5778,9811.411,31
Encargado de almacén670,1078,9810.999,26
Engraxador-lavacoches (día)20,1778,9810.125,11
Garda caixeiro (día)20,1778,9810.125,11
Garda de noite e día. Mozo (día)20,1778,9810.125,11
-Sección 2ª. Grupo F: estacións de lavado e engraxe:
Encargado de 1ª725,0378,9811.823,21
Encargado de 2ª697,5778,9811.411,31
Engraxador. Mozo de servicio (día)18,5078,989.365,26
-Subgrupo F. Transporte de mobles, mudanzas e gardamobles:
Xefe de tráfico725,0378,9811.823,21
Inspector visitador697,5678,9811.411,16
Encargado de almacén gardamobles. Capataz670,1078,9810.999,26
Mozo especializado (día)20,3078,9810.184,26
Mozo (día)20,1778,9810.125,11
Carpinteiro (día)20,9278,9810.466,36
Conductor mecánico (día)21,6978,9810.816,71
Conductor (día)21,1278,9810.557,36
Conductor furgoneta e motocicleta (día)20,5278,9810.284,36
Capitonista (día)20,3578,9810.207,01

* Grupo 4. Persoal de talleres.
Xefe de taller751,8878,9812.225,96
Encargado ou contramestre673,1678,9811.045,16
Encargado xeral649,7878,9810.694,46
Encargado de almacén625,0378,9810.323,21
Xefe de equipo (día)21,9978,9810.953,21
Oficial de 1ª (día)21,4378,9810.698,41
Oficial de 2ª (día)20,5278,9810.284,36
Oficial de 3ª. Mozo de taller (día)20,1778,9810.125,11

* Grupo 5. Persoal de guindastres.
Conductor mecánico (día)28,1478,9813.751,46
Conductor de guindastre (día)25,9078,9812.732,26
Operador de guindastre (día)23,6678,9811.713,06

* Persoal subalterno.
Cobrador de facturas, telefonista, porteiro e vixilante612,8578,9810.140,51
Limpadora (por horas)8,0678,984.615,06