Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 14 de outubro de 2003 Páx. 12.749

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 10 de outubro de 2003 pola que se dispón o cumprimento da sentencia 437/2003, do 30 de abril, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que anula a orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 25 de setembro de 1998, de desenvolvemento do Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar.

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou Sentencia de data do 30 de abril de 2003, no recurso contencioso-administrativo número 02/0007123/1998, interposto pola entidade Explomarsa Coruñesa, S.A., contra orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 25 de setembro de 1998, de desenvolvemento do Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, sentencia declarada firme o día 9 de setembro de 2003.

En consecuencia, esta consellería, de acordo co previsto nos artigos 118 da Constitución española, 17 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, así como no artigo 107 da vixente Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, dispón a publicación da decisión no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento e cumprimento nos seus mesmos termos.

A parte dispositiva da devandita sentencia do 30 de abril de 2003, contén o seguinte pronunciamento:

«Decidimos: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Explomarsa Coruñesa, S.A., contra resolución da Consellería de Xustiza do 25-9-1998, polo que se desenvolve o Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, que aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, e en consecuencia, anulámo-la mencionada Orde do 25 de setembro de 1998, por non ser conforme a dereito, sen custas».

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local