Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de papel e material especial con destino á imprenta provincial. (Expediente 03/8676 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de papel e material especial con destino á imprenta provincial.

Lugar de entrega e instalación: imprenta provincial.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2003.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 73.310 euros, desagregado en 3 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Telf.: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde

o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 1 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña