Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da determinación do tipo de bens e subministración de mobiliario con destino a asociacións de veciños de municipios da provincia da Coruña. (Expediente 03/8613 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación do tipo de bens e subministración de mobiliario con destino a asociacións de veciños de municipios da provincia da Coruña.

Lugar de entrega: asociacións de veciños de municipios da provincia da Coruña.

Prazo de vixencia: un ano.

Prazo de entrega e instalación dos bens específicos: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 61.032,02 euros, IVE incluído ó 16%.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva:

a) Polo que se refire ó contrato de determinación do tipo, o órgano de contratación entende que non procede a esixencia de garantía definitiva.

b) Polo que se refire ás subministracións específicas, o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Telf.: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 1 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña