Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.744

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

ANUNCIO do 10 de setembro de 2003, da Oficina Territorial de Traballo de León, polo que se lle comunica á empresa Galiver Trabajos Verticales, S.L. a resolución do expediente 611/2003.

Por resultaren infructuosas as xestións realizadas para notificar no domicilio do destinatario a resolución dictada pola autoridade laboral competente, no expediente administrativo sancionador que máis abaixo se relaciona, procédese a efectua-la dita notificación, mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e a exposición no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido do interesado, co fin de que produzan os efectos legais previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Infórmase de que o texto íntegro da resolución e o documento contable para o pagamento da sanción constan de manifesto, e á disposición do interesado, na Sección de Relacións Laborais e Recursos desta oficina territorial de traballo, sita en Gran Vía de San Marcos 27 (1ª planta), León.

Resolución sancionadora:

Nº expediente: 611/2003.

Nº acta: 226/2003.

Empresa: Galiver Trabajos Verticales, S.L.

Contía da sanción: 30,05 euros.

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o delegado territorial da Xunta de Castela e León, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que lle sirva de notificación á empresa antes sinalada, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este anuncio en León o 10 de setembro de 2003.

León, 10 de setembro de 2003.

Eduardo Fernández García

Delegado territorial de León