Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG 3/2001).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 1 de setembro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-la alegación formulada pola Asociación de Veciños de Mesoiro e Vío ó documento inicialmente aprobado de modificación puntual ó Plan xeral no ámbito da acción no sistema xeral viario denomiado estrada a Uxes (Mesoiro), o código identificativo do cal é VX-06.

Segundo.-Aprobar provisionalmente a modificación puntual ó Plan xeral no ámbito da acción no sistema xeral viario denominado estrada a Uxes (Mesoiro), o código identificativo do cal é VX-06, redactada polos técnicos municipais e promovida polo concello.

Terceiro.-Remiti-lo documento de modificación puntual, co expediente administrativo completo debidamente dilixenciado, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Cuarto.-Remiti-lo presente acordo, así como a contestación municipal á alegación formulada, á Asociación de Veciños de Mesoiro e Vío.

Quinto.-Publica-lo presente acordo no BOP, así como no DOG.

Sexto.-Remitir un exemplar do documento provisionalmente aprobado á deputación provincial e ó Ministerio de Fomento.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 3 de setembro de 2003.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro delegado de Urbanismo