Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 12/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 1 de setembro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para fixa-las restantes da vía de conexión entre a rúa Xoaquín Galiacho e Camiño da Igrexa, promovido polo concello.

Segundo.-Publica-lo presente acordo, no prazo máximo dun mes, no DOG e no BOP e comuncarlle a aprobación ó conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.

Terceiro.-Dilixenciar planos e memoria do estudio de detalle na súa integridade co selo de aprobación definitiva.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra el, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que considere pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 8 de setembro de 2003.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro delegado de Urbanismo