Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castroverde.

2. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: cartografía e redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Castroverde.

b) Prazo de execución: vinteseis meses.

c) Orzamento base de licitación: 134.928 euros.

d) Garantía provisional: 2.698,56 euros.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

Concello de Castroverde; Praza do Concello, 2; C.P. 27120 Castroverde (Lugo). Teléfono 982 31 20 80. Fax: 982 31 30 11.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo (8) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que se presentará: a requirida polos pregos de condicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Castroverde, Praza do Concello, 2.

6. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Castroverde.

7. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Castroverde, 8 de outubro de 2003.

Xosé Mª Arias Fernández

Alcalde