Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/101-2, 6078 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Sobrada de Aguiar.

Situación: Outeiro de Rei.

Características técnicas: L.M.T. a C.T.I. Cancela, con orixe en L.M.T. Castro Ribeiras de Lea-Rábade e final en C.T.I. Cancela cunha lonxitude de 24 m e unha tensión de 20 kV.

C.T.I. Cancela do tipo intemperie cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA.

R.B.T. realizada en conductor R.Z.95 tensado sobre apoios de formigón que alimentará os lugares de Gabín, A Torre e Cancela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo