Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/102-2, 6075 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Abeledo, 1ª fase.

Situación: Abadín.

Características técnicas: R.B.T. nas Regas con orixe en C.T. As Regas en conductor R.Z. 95 e R.Z. 50 en apoios de formigón cunha lonxitude de 1.600 m.

R.B.T. Na Valiña con orixe en C.T. A Valiña en conductor R.Z. 95 e R.Z. 50 en apoios de formigón cunha lonxitude de 2.200 m.

R.B.T. no Carballo con orixe en C.T. O Carballo en conductor R.Z. 95 e R.Z. 50 en apoios de formigón e unha lonxitude de 1.700 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo