Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/100-2, 6073 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: modificación de instalacións eléctricas na Campiña.

Situación: Lugo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea discorre en parte polo perímetro interior do terreo da

empresa Ditram, S.L. e cruzará a estrada N-640 e finaliza no centro de transformación proxectado da Campiña cunha lonxitude de 415 m e unha tensión nominal de 20 kV.

C.T. A Campiña, compacto de manobra exterior con envolvente de formigón cunha potencia proxectada de 630 kVA.

R.B.T. subterránea en conductor R.V.-240, aloxada en tubo baixo calzada de R.B.T. aérea en R.Z.150 tensada sobre apoios de formigón; tamén se prevé a conexión coas actuais redes de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo