Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/99-2, 6074 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para Laboratorios Asociados Nupel, S.L.

Situación: Lugo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea con inicio en centro de seccionamento e final en C.T. proxectado por unha canalización existente cunha lonxitude de 103 m. Proxéctase unha canalización de 379 m que discorre por Rúa da Terra e Rúa da Industria e finalización en C.T. proxectado.

C.T. Laboratorios Asociados Nupel, S.L. instalado no baixo da nave industrial cunha potencia de 630 kVA.

R.B.T. subterránea que alimentará a empresa Laboratorios Asociados Nupel, S.L. así como a conexión a redes existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo