Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.692

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo para a aplicación do IPC para o ano 2002 no convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo.

Visto o acordo para a aplicación do IPC para o ano 2002 no convenio colectivo para o sector do transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo (código 2700515), asinado o día 25 de marzo de 2003, pola representación da patronal e da central sindical UGT (59,1%), e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 2 de maio de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Luis Abeledo Fernández

Jesús García-Gesto López

Antonio López Rodríguez

Manuel Trigo Pérez

Raúl J. López Rodríguez

Polo sindicado UGT:

Manuel Pardo Fernández

Manuel Busto Veiga

Manuel Becerra Díaz

Eladio A. Romero Ares

Ana Núñez Sanjurjo

Da reunión da comisión paritaria para a revisión salarial do ano 2002 do convenio de transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo (código 2700515).

En Lugo, ás 11.00 horas do día 25 de marzo de 2003 reúnense na estación de autobuses de Lugo as persoas relacionadas arriba, representantes das organizacións patronais e sindicais, integrantes da comisión negociadora, co obxecto de cuantifica-las diferencias salariais por incremento do IPC do ano 2002 (que resultou ser do 4% e o aumento pactado foi do 3,5%) polo que existe unha diferencia a favor dos traballadores de 0,5%, pagadoira este mes, segundo estipula o artigo 26 do convenio.

Feitos os cálculos oportunos, acórdase aplica-la cantidade de setenta e catro euros con noventa e oito céntimos (74,98 euros) a tódolos traballadores afectados, quedando así liquidados os atrasos de convenio do ano 2002.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás once trinta horas e esténdese esta acta por sextuplicado exemplar, que tódolos asistentes asinan, no lugar e data ó comezo expresados.