Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 13 de outubro de 2003 Páx. 12.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Setex Aparki, S.A. (O.R.A.).

Visto o acordo da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Setex Aparki, S.A. (O.R.A.), (código 2700652), da provincia de Lugo, asinado o día 2 de maio de 2003, pola representación de mentada empresa e a dos seus traballadores, e de

conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de maio de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo para os traballadores da empresa Setex-Aparquisa, S.A. de Lugo.

En Lugo, 2 de maio de 2003.

Pola empresa:

Lourdes López de Aguilar.

Manuel Pérez Gegúndez.

Pola parte social:

Javier Reguera Pérez.

Agustín Gallego Vigo.

En Lugo, ás 19.00 horas do día da data, nos locais da empresa, reúnense as persoas arriba mencionadas, integrantes todas elas da comisión paritaria do convenio colectivo de referencia no encabezamento, tomando por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-Considerar constituída a comisión paritaria do convenio quedando integrada polos asistentes anteriormente mencionados.

Segundo.-Ámbalas dúas partes acordan a sinatura e publicación das táboas que figura no dorso, sendo os conceptos económicos que os traballadores percibirán durante o ano 2003, segundo o artigo 24, capítulo VII do convenio colectivo en vigor.

Sen máis asuntos que tratar ás 19.45 do día da data, en proba de conformidade asínase a presente acta.

Táboa salarial ano 2003

Mensual (14 pagas)

CategoríasSalario

bruto

Salario

base

IncentivoTransporte

Vixilante810,71628,4536,51145,75

Encargado servicio1.211,79815,28129,12267,39

Encargado mantemento1.130,43726,57147,99256,07

Administrativo1.134,92687,48153,30294,14

Paga mes de setembro= 492,17 euros.