Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/250-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. edificio Lagüela.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV con conductor R.H.V. de 175 m de lonxitude, desde o apoio 6 da L.M.T. circunvalación Salceda ata o C.T. que se proxecta, de 250 kVA, R.T. 15/20 kV-230/420 V, situado nas inmediacións do edificio Lagüela, estrada de acceso Salceda a vía rápida O Porriño, no concello de Salceda de Caselas.

Enviado para o seu condicionado á Confederación Hidrográfica del Norte quen nos comunica que dispón dun prazo de seis meses para a súa resolución e tendo en conta que a autorización desta consellería é independente de calquera outra autorización e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode

interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 27 de agosto de 2003.

P.A. (Resolución do conselleiro do 22-7-2002)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra