Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou a concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominado Castro 2633.1.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que a Dirección Xeral de Industria lle outorgou a Maceiras Filloy, S.L., con data 20-6-2003, a concesión de explotación derivada do permiso de investigación nomeada Castro nº 2633.1, de cinco cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Campo Lameiro e Cuntis, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VerticesLonxitudeLatitude

18º 30' 00''42º 35' 40''

28º 30' 00''42º 34' 40''

38º 30' 40''42º 34' 40''

48º 30' 40''42º 35' 00''

58º 30' 20''42º 35' 00''

68º 30' 20''42º 35' 20''

78º 30' 40''42º 35' 20''

88º 30' 40''42º 35' 40''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 3 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra