Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/14-2, 5988 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: telecontrol de rede M.T. e C.T. Burela.

Situación: Burela.

Descricións técnicas:

-L.M.T. a 20 kV entre C.R. Burela e C.T. Vila do Medio, con 440 m de lonxitude e conductor tipo D.H.Z.1.

-L.M.T. a 20 kV entre C.T. Vila do Medio e C.T. Avenida, con 530 m de lonxitude e conductor tipo D.H.Z.1.

-Tramo de 39 m de lonxitude da L.M.T.S., C.T. Vía-C.T. edif. Burela a 20 kV e conductor tipo D.H.Z.1.

-Tramo de 25 m de lonxitude da L.M.T.S., C.T. España-C.T. hospital a 20 kV e conductor tipo D.H.Z.1.

-L.M.T. tramo de 70 m de lonxitude da L.M.T.S., C.S. hospital-C.T. hospital a 20 kV e conductor tipo D.H.Z.1.

-L.M.T.S. a 20 kV con orixe en apoio da L.M.T.A. Foz-Cangas-Burela e final no C.T. instituto, con 245 m de lonxitude e conductor tipo D.H.Z.1.

-L.M.T. a 20 kV entre C.T. Ecesa 2 e C.T. Ecesa 1 con 179 m de lonxitude e conductor tipo D.H.Z.1.

-L.M.T. a 20 kV entre Aramis e C.T. Medusa con 250 m de lonxitude e conductor tipo D.H.Z.1.

-C.T. de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

-C.T. de 315 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

-C.T. de 630 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 18 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo