Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.612

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 1 de setembro de 2003 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais da Laracha, Láncara, Triacastela e A Cañiza.

Polo Decreto 346/2003, do 24 de xullo (DOG nº 163, do 25 de agosto), desafectáronse varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais da Laracha, Láncara, Triacastela e A Cañiza.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Edificio de planta baixa no lugar ó que lle chaman Granda, dunha superficie de 142,20 m, con terreo unido, tendo todo o conxunto unha superficie de 304 m, situado na parroquia de Torás, municipio da Laracha (A Coruña), hoxe avenida de Fisterra,

nº 130. Estrema: norte, herdeiros de Antonio Barreiro; sur, estrada á Coruña; leste, Jesusa Zas Castiñeiras; e oeste, Máximo Zas Castiñeiras.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo no tomo 1.030, libro 135, folio 107, predio nº 5.802, inscrición 4ª.

2. Predio no sitio de Candedo, parroquia de San Vicente de Carracedo, municipio de Láncara (Lugo), dunha superficie aproximada de 120 m, de forma rectangular de 10 metros en dirección leste-oeste e 12 metros en dirección norte-sur, desde o punto de vista da terminación do predio rexistral nº 5.360. Estrema: norte, parcela rexistral nº 5.360 da Comunidade Autónoma de Galicia; sur e leste, co resto do predio matriz; e oeste Ángel Rivera.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Sarria no tomo 341, libro 57, folio 177, predio nº 5.361, inscrición 3ª.

3. Edificio de planta baixa que ten unha superficie construída de 151 m, con un anexo polo seu vento norte de 25 m, que se asenta sobre un soar que ten unha cabida de 324 m, situado no quilómetro 1 da estrada de Triacastela ó alto de Albela, actualmente na vila e termo municipal de Triacastela (Lugo). Estrema: fronte ou oeste, en liña de 18 metros, coa estrada da súa situación; e leste, norte e sur, en liñas respectivas de 18 metros, outro predio dos doadores, Elena Díaz Díaz e fillos.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Becerreá no tomo 429, libro 35, folio 112, predio nº 2.496, inscrición 3ª.

4. Edificio dunha planta, que ocupa 142 m de superficie do seu soar de 2.398 m, ó que lle chaman Laranxeiras, situado no lugar de Valeixe, termo municipal da Cañiza (Pontevedra). Linda: norte, regato e Cooperativa do Campo Santa Teresa; sur, estrada e Leopoldo González e Ramón Lorenzo; leste, camiño e a citada cooperativa; e oeste, estrada e herdeiros de Ramón Rodríguez Pintelos.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 911, libro 85, folio 196, predio nº 9.608, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2003.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio