Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 10 de outubro de 2003 Páx. 12.612

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de setembro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de setembro de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Advertidos erros na resolución publicada no DOG nº 190, do mércores 1 de outubro de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 12.279:

-No centro de destino «OFICINA DA XUNTA DE GALICIA (FERROL)», no posto «PR.C99.30.000.15350.001.-XEFE SERVICIO COORDINACIÓN ADMINISTRATIVA», na columna «Tipo de posto», onde di: «S», debe dicir: «N».

-No centro de destino «DELEGACIÓN PONTEVEDRA-VIGO», no posto «PR.C99.40.000.36560.001.-XEFE SERVICIO COORDINACIÓN ADMINISTRATIVA», na columna «Tipo de posto», onde di: «S», debe dicir: «N».