Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos estatutos da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería -Feprohos-.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería -Feprohos-, e mailos novos estatutos. Punto 6º da acta.

Territorial: provincial.

Profesional: industriais existentes e novos que se dediquen a actividade de restaurantes, cafés bares, tabernas e hospedaxes en xeral.

Asinan a acta de modificación: Carlos Rodríguez Cerdeira e outro.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 3 de setembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra