Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Mulleres Activas de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Mulleres Activas de Pontevedra, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: tódalas mulleres maiores de idade, con iniciativa e decisión, que se encontren emprendendo negocios, empresas ou desempeñando actividades.

Asinan a acta de constitución: Ana Isabel Doce Torres e outras.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 15 de setembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra