Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de xogo C-68/2001 e P-41/2001.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 189, do 30 de setembro de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 12.265, no último parágrafo da resolución onde di: «Contra as devanditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.»; debe dicir: «Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».