Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.555

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de setembro de 2003 pola que se fan públicas as validacións do curso de especialidade en lingua galega.

A Orde do 6 de abril de 1983 (DOG do 23 de abril), no seu artigo 1, e a Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23 de decembro), no seu artigo 2, establecen que se lles validará o curso de especialidade en lingua galega ós profesores de EXB que teñan, como mínimo, aprobadas tres materias

de galego dunha licenciatura de filoloxía e ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que estean en posesión dos certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Polo anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concedérlle-la validación do curso de especialidade en lingua galega ás persoas que se relacionan a seguir, por reuniren os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde do 26 de novembro de 1993:

Ana Isabel Castro Arroyo: 76412279.

Mª José Fernández Reinante: 32435494.

Mª Rita Rodríguez Gómez: 34934128.

Artigo 2º

Concedérlle-la validación do curso de especialidade en lingua galega ás persoas que se relacionan a seguir, por reuniren os requisitos establecidos no artigo 1 da Orde do 6 de abril de 1983:

Flora Carpente Leira: 32655598.

Artigo 3º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expedirálle-los correspondentes diplomas.

Disposicion derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria